| Título | En acción para o galego |
|---|---|
| Descrición | O REA "En acción para o galego!" da materia Lingua e Literatura Galega de 6º de Educación Primaria Este REA céntrase na adquisición dos contidos relacionados coa sensibilización sobre a situación do galego, a importancia do galego e de outros idiomas como parte da identidade, os diferentes tipos de comunicación e os seus elementos. Tamén aborda contidos sobre o uso de maiúscula, acentuación e palabras simples e compostas, así como os textos narrativos. Para poder traballar aspectos curriculares propios da materia, contextualizamos este REA nunha situación real de aprendizaxe na cal o alumnado terá que crear un “stop motion” para recuperar expresións propias do galego. No reto final pódense publicar estes vídeos para a súa difusión na comunidade educativa ou na localidade propia do alumnado. |
| Persoas elaboradoras | Lucía Díaz Blanco, Inmaculada García Lombardía e Laura Varela López. |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación |
"En acción para o galego!"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
