Saltar navegación

5.2. Avaliamos

Avaliamos

A continuación tes unha rúbrica para avaliar cada unha das animacións que realizaron os diferentes grupos.

Como podes observar, esta avaliación é máis técnica e obxectiva que a realizada anteriormente. 

Avaliamos as animacións

Cada grupo puxo moito esforzo e dedicación no seu traballo, polo que é necesario prestar atención aos detalles de cada presentación.

Ao finalizar cada exposición terás que realizar unha coavaliación como se fósedes "Expertos de cine". Cada grupo teredes tres cartolinas de diferentes cores (verde, amarela e vermella) que empregaredes para escribir as vosas valoracións seguindo estas pautas:

  • Na cartolina verde, algo que vos sorprendeu ou encantou da súa animación.
  • Na cartolina amarela, algo que aprendestes ao ver a súa animación.
  • Na cartolina vermella, unha suxestión ou algo que fariades de xeito diferente.

Recordade que as vosas achegas deben ser obxectivas, respectuosas e claras.

Unha vez realizadas todas as avaliacións, leranse as reflexións realizadas por cada grupo.

Lectura facilitada

Este traballo supuxo moito esforzo para todas e todos. 

É importante prestar moita atención ao traballo dos demais. 

Cando rematen as exposición debedes realizar unha coavaliación.

Cada grupo teredes tres cartolinas de diferentes cores (verde, amarela e vermella) onde escribiredes.

  • Cartolina verde: algo que vos sorprendeu ou encantou da súa animación.
  • Cartolina amarela: algo que aprendestes ao ver a súa animación.
  • Cartolina vermella: unha suxestión ou algo que fariades de xeito diferente.

As achegas serán obxectivas, respectuosas e claras.

Logo, leranse as reflexións realizadas por cada grupo.

Rúbrica

A continuación presentámosche unha rúbrica para que lle pases a cada un dos produtos finais que presentaron o resto dos grupos. Como poderás supoñer, esta crítica é bastante máis técnica e obxectiva que a realizada no punto anterior.

Rúbrica de coavaliación
 Nivel 1 (Excelente)Nivel 2 (Bo)Nivel 3 (Aceptable)Nivel 4 (Insuficiente)
Duración e idioma da presentaciónA presentación tivo unha duración perfecta. Todas as persoas falaban en galego sen erros. (1)A presentación durou un tempo axeitado. Todas as persoas falaban en galego pero con algún erro. (0,75)A presentación durou o xusto. A maior parte do tempo foi en galego. (0,5)A presentación foi curta. Non foi en galego. (0,25)
Información do equipoPresentaron aos membros do equipo con nomes e apelidos. Indican o rol que tiveron no grupo. (0,5)Presentan aos membros do equipo con nome e apelidos. (0,35)Só presentan algún membro do equipo. (0,25)Non presentan aos membros do equipo. (0,15)
Contan como o fixeronA explicación sobre como resolveron o reto foi clara e comprensible, achegando detalles. (1)A explicación sobre como resolveron o reto foi clara. (0,75)A explicación sobre como resolveron o reto foi básica. (0,5)Non explicaron como resolveron o problema. (0,25)
Dificultades atopadasExplican as dificultades atopadas con detalles e exemplos. (1)Explican as dificultades que atoparon ao realizar o proxecto. (0,75)Mencionaron algunhas dificultades, pero sen afondar. (0,5)Non mencionaron as dificultades atopadas. (0,25)
Indican dúas cousas que aprenderonIndicaron dúas cousas que aprenderon e como o fixeron. (1)Indicaron dúas cousas que aprenderon durante o proxecto. (0,75)Indicaron por enriba o que aprenderon. (0,5)Non indicaron o que aprenderon. (0,25)
Abren roldas de preguntasAbriron unha rolda de preguntas e animaron a participar. (1)Abriron rolda de preguntas e contestaron. (0,75)Abriron rolda de preguntas pero non contestaron. (0,5)Non abriron rolda de preguntas. (0,25)
HistoriaA historia é comprensible, ten un principio, un desenvolvemento e un final claro. (1,5)A historia ten un principio, un desenvolvemento e un final, pero hai momentos confusos. (1)A historia ten varios momentos confusos. (0,75)Non se entende a historia. (0,25)
Calidade técnicaAs imaxes están claras e con boas secuencias (1,5)As imaxes son claras con algúns erros de secuencia. (1)As imaxes son claras pero con varios erros. (0,75)As imaxes son borrosas e hai varios erros técnicos. (0,25)
Uso de recursosOs materiais e fondos están ben elaborados. (1,5)Os materiais e fondos son adecuados. (1)Os materiais e fondos son básicos. (0,75)Os materiais e fondos están pouco traballados. (0,25)

Elaboración propia - Proxecto cREAgal. Rúbrica de coavaliación (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Reflexionamos

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Despois de realizar as diferentes avaliacións, reflexiona sobre as seguintes preguntas e despois escribe as respostas no diario de aprendizaxe.

  • Como poderías mellorar o voso traballo tendo en conta as presentacións dos compañeiros e compañeiras?
  • Como te sentiches ao recibir as avaliacións dos demais, pensas que che poden axudar a mellorar?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)