As palabras están formadas por sílabas, que son os sons nos que se divide unha palabra cando a dicimos.
Todas as sílabas teñen, cando menos, unha vogal.
Segundo o número de sílabas que ten cada palabra podemos dicir que son:
Monosílabas
Cando teñen só unha sílaba.
Por exemplo: la, mar ou pé.
Bisílabas
Son aquelas palabras que contan con dúas sílabas.
Por exemplo: mesa, vaca ou irmá.
Trisílabas
Estas palabras teñen tres sílabas.
Por exemplo: maleta, portátil ou morriña
Polisílabas
Son palabras que teñen catro ou máis sílabas.
Por exemplo: ordenador, espectáculo ou multicultura.
Debemos atender a esta clasificación e ás normas de acentuación para poder poñer o acento gráfico (se fose necesario) no lugar correcto.
O acento gráfico sempre se pon sobre a vogal ou sobre unha das vogais da sílaba tónica da palabra.
Segundo cal sexa a posición da sílaba tónica en cada palabra as palabras poden ser agudas, graves ou esdrúxulas e acentúanse seguindo estas normas de acentuación que nunca debemos esquecer:
Agudas
Son aquelas palabras que teñen como sílaba tónica a última.
Acentúase cando remata en -n, -s ou vogal.
Graves
A sílaba tónica nas palabras graves é a penúltima.
Acentúanse se acaban en consoante que non sexa -n ou -s.
Esdrúxulas
Estas palabras teñen a sílaba tónica na antepenúltima.
Acentúanse sempre.
Sobresdrúxulas
A sílaba tónica téñena na sílaba anterior á antepenúltima.
Tamén se acentúan sempre.