Saltar navegación

4.1. Pasos a seguir

 

Glosario

Avaliación

Pictograma ARASAAC Avaliación

Definición:

Revisión do que se fixo para saber ata que punto se alcanzaron os obxectivos marcados previamente e en que aspectos se pode mellorar.

Exemplo:

Despois da avaliación do traballo, tivemos que mellorar dous apartados. 

Proxecto

Pictograma ARASAAC Proxecto

Definición:

Traballo ou actividade que facemos para aprender sobre algo ou crear algo novo. Ten un obxectivo e require planificar os pasos a seguir para conseguilo. 

Exemplo:

Hoxe quedamos para planificar o proxecto de ciencias sobre os animais mariños. 

Pasos a seguir

Elaboración do proxecto

Icono GuiónElaborar un guión desde a historia escrita. 

Definide a historia que escribistes cos detalles sobre personaxes, escenarios, escenas, diálogos... É importante telo ben organizado para o resto do proxecto. 

Icono Deseño de personaxesDeseñar os personaxes e os escenarios.

Imaxinade e debuxade cales serán os personaxes e como serán. Tamén tedes que pensar no lugar onde ocorre a acción. 

Despois, co material que tedes á vosa disposición, elaborade os personaxes creados e os escenarios escollidos. Pensade no tamaño que deben ter e o xeito no que os ides mover.

Icono StoryboardElaborar un storyboard

Organizade a historia en escenas importantes e facede un pequeno bosquexo de cada unha. Deberedes incluír posicións dos personaxes, movementos...

Icono Stop Motion StudioManexo da aplicación

Neste caso, a aplicación que ides empregar é a Stop Motion Studio. 

Intentade facervos con ela, probar como funciona, experimentar coas diferentes perspectivas da cámara...

Unha vez controlada a aplicación, é o momento de comezar a facer as fotos nunha secuencia.

Icono AvaliaciónAvaliación

Revisade o traballo feito para comprobar que todo está correcto e modificar o que consideredes mellorable.

Unha vez rematado, é o momento de valorar o traballo feito. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)