Saltar navegación

2. E ti, como o ves?

 

Glosario

Dialecto

Pictograma ARASAAC Comunicación

Definición:

Sistema lingüístico derivado doutro, cunha limitación xeográfica e un vocabulario, gramática e pronunciación concretos.

Exemplo:

A xente fala un dialecto ou outro dependendo de onde sexa. 

Lingua oficial

Mapa linguas de España

Definición:

Lingua que a administración emprega nas súas comunicacións formais, así como nas institucións públicas.

Exemplo:

A lingua oficial do Estado español é o castelán, así como o galego, o catalán e o éuscaro. 

O que hai que facer

Imaxe de xente falandoPara poder alcanzar todos os nosos obxectivos deste reto é fundamental:

  • Traballar en equipo. 
  • Facer memoria de conceptos chave como lingua oficial e dialecto ou textos narrativos e informativos.
  • Reflexionar sobre as expresións en galego que escoitamos no noso arredor. 

Imos alá!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)