Palabras simples e compostas
Palabras simples
Son as formadas por unha única palabra. É dicir, teñen unha única raíz e non se poden descompoñer en outras máis pequenas.
Por exemplo: casa ou sol.
Palabras compostas
Son as formadas por dúas ou máis palabras que xa teñen significado por separado. Estas palabras combinan o significado de cada unha das palabras que a forman.
Por exemplo: pararraios = para + raios ou abrelatas = abre + latas.
Lectura facilitada
Palabras simples
Son as formadas por unha única palabra.
Por exemplo: casa ou sol.
Palabras compostas
Son as formadas por dúas ou máis palabras.
Por exemplo: pararraios = para + raios ou abrelatas = abre + latas.
Audio
Podes descargar este esquema en PDF neste enlace.
