Saltar navegación

Avalíate

Rúbrica final

Aquí tes a rúbrica que deberás usar para coavaliar a todas as persoas que van investigar e posteriormente presentar.

Rúbrica coavaliación alumnado

Lectura facilitada

Avalía a túa comunicación oral

Rúbrica para avaliar a exposición oral
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
FalaFala paseniño e con gran claridade. (4)A maioría do tempo, fala paseniño e con claridade. (3)Unhas veces fala paseniño e con claridade, pero outras acelérase e non se entende ben. (2)Fala rápido ou detense demasiado á hora de falar. Ademais, a súa pronunciación non é boa. (1)
VocabularioUsa vocabulario apropiado para a audiencia. Aumenta o vocabulario da audiencia definindo as palabras que poderían ser novas para esta. (4)Usa vocabulario apropiado para a audiencia. Inclúe 1-2 palabras que poderían ser novas para a maior parte da audiencia, pero non as define. (3)Usa vocabulario apropiado para a audiencia. Non inclúe vocabulario que podería ser novo para a audiencia. (2)Usa varias (5 ou máis) palabras ou frases que non son entendidas pola audiencia. (1)
VolumeO volume é o suficientemente alto para ser escoitado por todas as persoas da audiencia durante toda a presentación. (4)O volume é o suficientemente alto para ser escoitado por todas as persoas da audiencia, polo menos o 90% do tempo. (3)O volume é o suficientemente alto para ser escoitado por todas as persoas da audiencia, polo menos o 80% do tempo. (2)O volume con frecuencia é moi débil para ser escoitado por todas as persoas da audiencia. (1)
ComprensiónO estudante pode contestar con precisión a case todas as preguntas formuladas sobre o tema polas súas compañeiras/os de clase. (4)O estudante pode contestar con precisión a maioría das preguntas formuladas sobre o tema polos seus compañeiros/as de clase. (3)O estudante pode contestar con precisión a unhas poucas preguntas formuladas sobre o tema polos seus compañeiros/as de clase. (2)O estudante non pode contestar as preguntas formuladas sobre o tema. (1)
Postura do corpo e contacto visualÁ hora de falar, a postura e o xesto son moi adecuados. Mira a todas as persoas presentes con total naturalidade. (4)A maioría do tempo, a postura e o xesto son adecuados e case sempre mira ás persoas presentes mentres fala. (3)Algunhas veces mantén a postura e o xesto adecuados, e outras non. En ocasións mira ás súas compañeiras e compañeiros. (2)Non mantén a postura e o xesto propios dunha exposición oral e, na maioría das veces, non mira ás persoas presentes. (1)
ContidoDemostra un completo entendemento do tema que expón. (4)Demostra un bo entendemento do tema que expón. (3)Demostra un bo entendemento de partes do tema que expón. (2)Non parece entender moi ben o tema que expón. (1)

CEDEC. Rúbrica para avaliar a exposición oral (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Valoración do traballo en equipo

Rúbrica para avaliar o traballo en equipo
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
Participación e colaboraciónTodas as persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando aos demais. (4)A maior parte das persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando aos demais. (3)A metade das persoas do equipo participou activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudándose entre elas. (2)Só unha persoa do equipo (ou ningunha) participou de forma activa nas tarefas propostas e non houbo colaboración nin axuda entre elas. (1)
Distribución de tarefasAs tarefas repartíronse de forma equitativa entre todas as persoas do equipo. (4)A maior parte das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todas as persoas do equipo. (3)Só a metade das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todas as persoas do equipo. (2)Houbo un reparto moi desigual das tarefas entre as diferentes persoas do equipo. (1)
Integración entre as persoas do equipo Durante a realización das tarefas, as persoas do equipo expresaron libremente as súas opinións e puntos de vista, escoitaron as opinións dos demais e foron capaces de chegar a un consenso. (4)Durante a realización da maior parte das tarefas, as persoas do equipo expresaron as súas opinións con liberdade, escoitaron aos demais e foron capaces de chegar a un consenso. (3)Durante a realización das tarefas, só a metade das persoas do equipo expresou libremente as súas opinións, escoitou aos demais e lograron poñerse de acordo. (2)Durante a realización das tarefas, só unha persoa do equipo expresou a súa opinión, non houbo diálogo e impúxose a opinión dunha soa persoa. (1)
Asunción de funcións e responsabilidadesTodas as persoas do equipo exerceron moi ben as súas funcións e cumpriron á perfección as súas responsabilidades. (4)A maior parte das persoas do equipo exerceu as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (3)Só a metade das persoas do equipo exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (2)Só unha persoa do equipo (ou ningunha) exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (1)

CEDEC. Rúbrica para avaliar o traballo en equipo (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Último paso polo diario de aprendizaxe

Icona de diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un caderno co logotipo do proxecto na tapaXa remataches este REA e agardamos que che fose entretido e de utilidade.

Aproveita este último paso para pechares o teu diario de aprendizaxe e reflectir a túa opinión sincera sobre o proceso de consecución dos retos e sobre a túa participación.

Pensa tamén en como avaliaches o traballo dos teus compañeiros e compañeiras.

Lectura facilitada

Non esquezas ir ao diario de aprendizaxe.

Aí terás que reflexionar, ti só e en grupo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)