Saltar navegación

1. Superheroes da democracia

 

Glosario

Democracia

Pictograma no que se ve unha man botando unha papeleta nunha urna

Definición:

Forma de goberno na que a soberanía pertence ao pobo (este elixe os seus representantes mediante eleccións).

Exemplo:

En España existe a democracia.

Lei

Pictograma dun papel no que se ve unha balanza e a palabra LEX

Definición:

Regra obrigatoria de carácter xeral establecida por unha autoridade.

Exemplo:

Neste país é obrigatorio cumprir coa lei.

Era unha vez...

Imaxe da cara de Nelson Mandela

Era unha vez un home chamado Nelson Mandela.

Nelson Mandela vivía nun país onde as leis non eran xustas. As persoas negras, non tiñan os mesmos dereitos que as brancas. Loitou con valentía para que todos fosen tratados por igual, sen importar a súa cor de pel.

Aínda que estivo moitos anos na cadea, nunca perdeu a esperanza. Cando foi liberado, traballou para unir o seu país. Fixo que a democracia chegase. Que toda a xente puidese votar e ser escoitada. Sen que houbese discriminación por razón da cor da pel.

Mandela, ensinounos que o perdón e a xustiza fan un mundo mellor. Nelson Mandela é un superheroe da democracia.

Lectura facilitada

Había unha vez un home chamado Nelson Mandela.

Nelson Mandela vivía nun país onde as leis non eran xustas.

Loitou con valentía para que todos fosen tratados por igual, sen importar a súa cor de pel.

Mandela, ensinounos que o perdón e a xustiza fan un mundo mellor. 

Que vas aprender?

  • Coñecer as vantaxes da participación social cidadá.
  • Exercer os dereitos derivados de formar parte dunha sociedade democrática.
  • Coñecer os dereitos e deberes da cidadanía que se recollen no Estatuto de Autonomía de Galicia e na Constitución española.
  • Entender a organización política local, nacional e europea.

Todo un reto por diante

Vese unha lámpadaSabías que estás a piques de comezar unha bonita andaina polo mundo da democracia?

Serán moitas as tarefas que realizarás ao longo desta viaxe coas que lograrás chegar ao reto final:

Despois de coñecer como funcionan os mecanismos da democracia, crearedes na vosa aula un Consello da Infancia.

A vosa misión será descubrir como mellorar o voso cole.

Ao final, serás quen de elaborar unha instancia para, como cidadán ou cidadá, poderte comunicar co goberno ou coa administración pública. Esa será a ferramenta para trasladar todas as vosas ideas a quen corresponda e lograr unha verdadeira transformación na vosa comunidade. 

Ao longo deste traballo, descubrirás modelos oficiais, que podes empregar, tamén serás quen de facer o teu propio modelo de instancia seguindo uns patróns, este modelo pódelo facer en papel, por medio dun correo electrónico, ou ben realizando un vídeo.

Para iso farás ao seguinte percorrido:

Momento 1

Lembrarás cousas sobre o sistema democrático, a diversidade cultural e a organización política.

Momento 2

Traballarás aspectos dos cimentos da democracia.

Momento 3

Formarás parte do Consello da Infancia a través do cal farás propostas para mellorar o teu centro educativo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)