Glosario
Afiliar
-
Definición:
-
Unirte a un grupo, asociación ou partido porque estás de acordo co que defende e queres participar na súa actividade.
-
Exemplo:
-
Esta persoa pertence a asociación “Discadeira”, para o apoio a persoas con discapacidade. Leva afiliada dende hai tres anos.
Candidata/o
-
Definición:
-
Persoa que aspira a ocupar unha praza ou posto, a saír elixida nun partido político, a gañar un premio, unha elección etc.
-
Exemplo:
-
Esta persoa é candidato a gañar o Premio Nobel en Medicina.
Efeméride
-
Definición:
-
Noticia en que se refire o que aconteceu nun día determinado do ano. Tamén poden ser varios sucesos importantes ocorridos nun día.
-
Exemplo:
-
No xornal, a sección de efemérides é moi entretida.
Oriúndo/a
-
Definición:
-
É un adxectivo que significa que ten a súa orixe ou que naceu nun lugar determinado.
-
Exemplo:
-
Laura é oriúnda de Portugal.
Orzamento
-
Definición:
-
É o cálculo ou estimación anticipada do custo dunha obra ou dun servizo, é dicir, un presuposto da cantidade de diñeiro necesaria para adquirir ou facer algo.
-
Exemplo:
-
Quero mercar un coche, vou pedir un orzamento para saber canto me custa.
Sufraxio
-
Definición:
-
Procedemento mediante o cal unha persoa expresa a súa vontade política, xeralmente por medio do voto cando se celebran unhas eleccións.
-
Exemplo:
-
As persoas dese país poden votar libremente. Exercen o seu dereito ao sufraxio.
