Saltar navegación

3.1. Diversidade cultural en España

Minorías étnicas no noso país

Unha minoría é un grupo de individuos dentro dunha sociedade que se distingue, de diversas maneiras, do resto da poboación.

Estas distincións xeralmente están relacionadas con aspectos como a cultura, a lingua ou a relixión.

Ao referirnos a minorías étnicas, estamos a falar de grupos de persoas que, ao longo da historia, se asentaron en España. Mantiveron os seus costumes e tradicións que se diferencian da poboación maioritaria do territorio.

Nos lugares onde hai grupos de persoas que son unha minoría, é dicir, que son menos en número que o resto da xente, esas persoas teñen dereito a manter a súa propia cultura, a practicar a súa relixión e a falar o seu idioma xunto cos demais membros do seu grupo. Ninguén lles pode quitar eses dereitos.

Lectura facilitada

Unha minoría é un grupo de individuos dentro dunha sociedade.

Estas distincións xeralmente están relacionadas con aspectos como a etnia, a lingua ou a relixión.

Así, ao referirnos a minorías étnicas, estamos a falar de grupos de persoas que se asentaron en España e

mantiveron as súas costumes e tradicións que se diferencian da poboación maioritaria do territorio.

Apoio visual

Imaxe dunha persoa que cambia de país

Exemplos de minorías en España

O pobo xitano

Tamén chamado pobo cigano ou pobo romaní é un dos grupos étnicos antigos e máis salientables, posúen unha rica tradición cultural e histórica.

Esta comunidade está presente en todas as comunicades españolas, especialmente en Andalucía, Madrid e Barcelona, alcanzando unha cifra entre os 700 mil e o millón de persoas.

Persoas interpretando cancións flamencas
Grupo de persoas sobre un escenario interpretando cante flamenco

Inmigrantes

A chegada de inmigrantes de países como China, Marrocos, Senegal, Colombia ou Venezuela tamén contribúen á diversidade étnica. Estes grupos de persoas traen e manteñen os seus costumes e as culturas propias do seu país de orixe. Contribuen ao enrequecimento cultural do país.

Dúas mozas de etnia chinesa
Dúas mozas de paises africanos
Unha persoa de orixe magrebí

O pobo xitano

O pobo xitano é oriúndo da India.

Estableceuse en case todo o mundo, aínda que con maior presenza en Europa e o norte de África, debido ao seu carácter fundamentalmente nómade ou itinerante.

Aínda se rexe por leis propias e adícanse como medio de vida á venda ambulante, á artesanía, a tratar con gando, e outras actividades comerciais.

Procedencia

Proveñen dunha rexión situada no NO da India, no continente asiático.

Mapamundi coa India destacado en vermello

Os primeiros movementos migratorios foron no século X. Porén, non foi ata o século XV cando foi a gran dispersión, coñecida coma a gran diáspora (dispersión xeográfica) do pobo xitano, fuxindo das guerras e da presión probablemente mongol.

Formáronse dúas correntes de migración: unha cara Europa oriental e outra cara o norte de África e sur de Europa.

No seguinte mapa pódese observar como foi evolucionando a migración entre os séculos XII e XVI.Percorrido das migracións do pobo xitano arredor do mundo

Historia

Diseminados por todo o mundo, mais con maior profusión en Europa e norte de África, poden distinguirse tres grandes grupos que se denominan a si mesmos: rom, manús e calés.

Os rom habitan nun espazo que se estende de Canadá ata África do sur, e de Australia a Xapón, mais o principal está localizado sobre todo ao oeste e en Europa central.

Os manús, establecidos esencialmente en Italia, tamén en Francia, Alemaña e parte de Europa do leste.

Finalmente o grupo dos calés, que engloba aos xitanos de España, Portugal e aos do norte de África. Tamén asentados en Francia e América latina.

Poboación

Estímase que a poboación mundial xitana encóntrase entre os 13 e 15 millóns de persoas.

En España estímase que hai entre 600 mil e 1 millón de xitanos e xitanas, na súa maioría na comunidade andaluza, en Madrid e en Cataluña.

No seguinte mapa pódese observar a distribución do pobo xitano por Europa.

Porcentaxe de poboacións de etnia xitana en Europa

Forma de vida

A forma de vida do pobo xitano foi variando ao longo dos séculos e segundo o país de residencia.

Algúns teñen unha vida nómade e outros están establecidos en comunidades nas cidades e en poboados.

As súas leis non están escritas, baséanse en sinxelos principios de fidelidade ao pobo e os costumes xitanos, fidelidade ao xefe, ao esposo e a palabra dada a outro xitano.

Procuran conservar rixidamente a súa estrutura social, claramente xerarquizada, onde o patriarca ou líder ten a voz da experiencia e aconsella ao resto dos integrantes.

En troques aceptan e acollen a calquera persoa que se adapte as súas normas e costumes.

Relixión

A maioría dos xitanos son cristiáns ou musulmáns. Adoitan adoptar a relixión dominante da rexión onde residen.

Folclore xitano

A partir do século XIX, certas tradicións orientais básicas desenvolveron en Andalucía, cantos coma a debla, a liviana ou o martinete. Estes cantos ían acompañados dos sons dos martelos da forxa, e outros utensilios metálicos. A danza xitana son bailes para acompañar eses cantos e os fundamentais son a zambra, as de romalís que se empregan nas vodas ou as de roás e as danzas de alegría.

Hoxe en día, o pobo xitano ten unha forma inconfundible de facer música, usando ritmos e bailes de forma orixinal e facendo interpretacións propias e vibrantes de música creativa. É unha forma de expresar o estado de ánimo dun pobo mesturando as tradicións orientais coas formas de música dos países de acollida.

Idioma

O romaní é a lingua propia do pobo xitano, orixinaria da antiga India, mais a maioría fala a lingua do territorio en que vive.

Ademais, a cultura xitana celebra o seu día proclamado pola UNESCO.

O 5 de novembro conmemórase o Día Internacional da Lingua Romaní. Este día ten coma finalidade o fomento e a preservación do idioma e da cultura xitana.

Bandeira

A bandeira xitana, foi aprobada polos representantes de varias comunidades xitanas no primeiro e no segundo Congresos Mundiais Xitanos, celebrados en 1971 e 1978.

Bandeira Romaní

A bandeira está formada por un fondo azul e verde, que representan o ceo e a terra, e unha roda vermella con 16 raios no centro. Este último elemento representa a tradición itinerante do pobo romaní e tamén é unha homenaxe á bandeira da India.

Lectura facilitada

Procedencia

Proveñen dunha rexión situada no NO da India.

Os primeiros movementos migratorios foron no século X.

No século XV prodúcese a gran dispersión, chamada diáspora.

Formáronse dúas correntes migratorias, unha en Europa e outra en África.

Historia

O pobo xitano distribuiuse por todo o mundo en tres grandes grupos.

Os "rom" habitan un espazo que vai dende Canadá ata África do sur.

Os "manús" establecéronse en Italia, Francia, Alemaña e parte de Europa do leste.

O grupo dos "calés" asentáronse en España, Portugal, norte de África e tamén en Francia e América latina.

Poboación

A poboación xitana a nivel mundial está estimada entre 13 e 15 millóns de persoas.

En España calculase que están preto de 600 mil.

Forma de vida

A súa forma de vida foi moi variada ao longo dos séculos.

Algunhas persoa teñen unha vida nómade, outras están establecidas en aldeas, vilas e cidades.

Non teñen leis escritas, baséanse nos costumes do pobo xitano e na palabra dada.

Conservan a súa estrutura social basicamente xerarquizada.

O patriarca ou líder aconsella ao resto dos integrantes.

Aceptan e acollen a calquera persoa que adopte as súas normas ou costumes.

Relixión

A maioría dos xitanos son cristiáns ou musulmáns.

Folclore xitano

Basáse en cantos como a debla, a liviana ou o martinete.

Estes cantos ían acompañados dos sons dos martelos, e outros útiles metálicos.

A danza xitana son bailes que acompañan a estes cantos.

As danzas tradicionais xitanas son a zambra, as de romalís, as danzas de roás e as de alegría.

Idioma

A lingua propia do pobo xitano é o romaní.

O día 5 de novembro celébrase o Día internacional da lingua romaní.

Bandeira

A súa bandeira foi aprobada no primeiro e segundo Congreso Mundial de Xitanos entre os anos 1971 e 1978.

Recoñecemento da diversidade cultural e lingüística de España

O noso país é rico en cultura e tradicións debido a súa evolución histórica e as influencias doutras culturas e doutros territorios ao longo dos séculos.

Cada territorio ten os seus propios costumes que as celebra de moitas e diversas formas, con festas, bailes, gastronomía e cantes.

Seguidamente amosamos 3 exemplos de moitos que enriquecen o noso país.

En Galicia

Idioma

A lingua da comunidade galega é o galego.

Música

Existe música tradicional apoiada polas gaitas e pandeiretas e con danzas coma a famosa "Muiñeira".

Grupo de persoas a bailaren unha Muiñeira
Baile da Muiñeira
Formación de mulleres pandereiteiras fotografadas de costas
Pandeireteiras

Celebracións

Celébranse festividades coma a do Magosto, o Samaín, a do Apóstolo Santiago ou a do Entroido. Festas onde a gastronomía ten un papel esencial.

Castañas cociñándose no lume
Magosto
Imaxe dos felos, disfrace típico do entroido de Maceda.
Felos, entroido de Maceda.

Gastronomía

Algúns dos pratos máis consumidos polos galegos e as galegas son: o polbo á feira, o marisco, as empanadas ou o cocido galego.

Tamén son destacados os viños coma o Albariño, o Mencía e o Godello.

Imaxe dun plato de polbo á feira
Polbo na feira
Imaxe do típico cocido galego
Cocido

En Valencia

Idioma

A lingua de Valencia é o valenciano.

Música

Na música tradicional destaca a Xota e os cantes valencianos, con danzas folclóricas como a Muixeranga.

Danza típica de Valencia chamada Muixeranga
Muixeranga
Baile típico de Valencia chamado Xota
Xota valenciana

Celebracións

Valencia celebra cada mes de marzo as Fallas, festividade moi visual que consiste na queima de figuras de cartón nas rúas. Estas figuras son unha parodia da situación social ou política do momento.

Mulleres ataviadas de falleras en Valencia
Falleras
Imaxe dunha falla valenciana
Falla

Gastronomía

O seu prato máis emblemático é a paella. Tamén desfrutan dunha bebida natural que se chama orchata, feita con auga, azucre e chufas prensadas.

Imaxe dunha paella cociñándose ao lume
Paella
Imaxe da bebida típica valenciana chamada orchata de chufa
Orchata de chufa

No País Vasco

Lingua

O éuscaro ou vasco é a lingua propia, de orixe eurásica. Ten características distintas que a diferencian doutras linguas europeas.

Música

A música tradicional inclúe instrumentos como un tipo de frauta chamada txistu ou un tipo de acordeón chamado trikitixa.

Teñen bailes como o aurresku, que se baila nas festas.

Baile típico de Euskadi chamado o aurresku
Baile do aurresku
Home tocando o instrumento chamado trikitixa
Instrumento Trikitixa

Celebracións

Algunhas das máis coñecidas son:

O Día de San Sebastián é unha festa importante con desfiles e comidas típicas.

Aste Nagusia: quere dicir Semana Grande de Bilbao.

Desfile no dia grande de San Sebastián
Desfile en San Sebastián
Imaxe das festas na Semana Grande de Bilbao
Semana Grande de Bilbao

Gastronomía

A cociña vasca é rica e diversa e posúe pratos coma o bacallau á vizcaina e o marmitaco, un prato de peixe cociñado. Tamén é coñecida polos pintxos variados.

Imaxe do marmitako, plato típico vasco
Marmitako
Imaxe dun pintxo típico de Euskadi
Pintxo

Tanta diversidade cultural e lingüística en España é un valor que nos enriquece como sociedade moderna e que acolle e engloba todas as culturas. Sempre respectando a todas as persoas e favorecendo a convivencia entre os seus habitantes.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)