Saltar navegación

3.4. Navega con seguridade e eficacia

Anda polo seguro!

O primeiriño de todo, tes que fixarte na dirección web da páxina na que estás a navegar. Porén, que é iso e onde se mira? 

As casas onde vive a xente teñen unha dirección postal única, é dicir, o nome dunha rúa e un número. Deste xeito, o carteiro ou a carteira pode traernos cartas e paquetes.

En Internet pasa algo similar. As páxinas web tamén teñen unha dirección única que se coñecen como URL.

Se picas co rato na parte superior da barra de busca, aparece a URL. Asegúrate que a páxina web comece por HTTPS. Por exemplo: https://www.uvigo.gal/es.

Isto quere dicir que estás a navegar por unha páxina segura, onde os teus datos están protexidos. Do contrario, DESCONFÍA, non é unha páxina segura.

Lectura facilitada

Primeiro fíxate na dirección web.

As páxinas de Internet, teñen todas unha dirección única.

Esta dirección chámase URL.

Esta dirección ten que comezar por HTTPS.

Si é a si, quer dicir que estás nunha páxina segura.

Se non comeza por HTTPS, desconfía.

Busca o cadeado de seguridade

Imaxe dun cadeado

As direccións web dos recursos e páxinas mostran un cadeado no campo URL.

Isto indícache que é un lugar web seguro. Os teus datos non se compartirán.

Conselliños

Día da Internet segura

O Día de Internet Segura é un evento impulsado desde 2004 pola Comisión Europea para promover un uso seguro e responsable das tecnoloxías dixitais, especialmente entre menores e mocidade. Na actualidade celébrase en 180 países.

A mellor maneira de fomentar un uso seguro de internet é mediante a formación e a concienciación, como as que podes atopar en ciberseguridadegalicia.gal

Xunto con novas de interese sobre ciberseguridade e protección de datos persoais, neste portal web podes atopar os seguintes recursos sobre estas temáticas:

Imaxe dun esquema de Infografía Infografías
Pictograma coa icona de vídeo Vídeos
Pictograma coa icona de información Carteis informativos
Pictograma coa icona de altofalante Videoconsellos

Ademais, o teléfono gratuíto do Incibe, o 017 está dispoñible todos os días do ano de 8:00 a 23:00 para proporcionar atención e axuda nos temas relacionados coa seguridade na vida dixital persoal.

A nivel estatal, o Instituto Nacional de Ciberseguridade tamén pode axudarche e achegarche información:

OSI (Oficina de Seguridade do Internauta)

Coñeces o que é a propiedade intelectual?

Ilustración dunha locomotora de vapor

Sabes que invento é a imaxe que estás a ver?

Si, é o motor dunha locomotora a vapor.

As persoas, coas súas investigacións e os seus inventos crean: produtos, cancións, libros, ideas, cadros...

Para protexer as novas ideas destas persoas, creouse a propiedade intelectual.

A propiedade intelectual son as leis que protexen as novas creacións que fan as persoas.

Estas creacións poden ser: ideas, obras de narrativa, logotipos, símbolos... e divídense en varios tipos de propiedades. Pica no seguinte botón para velos.

Tipos de propiedade intelectual

Dereitos de autor

Protexen os creadores e creadoras de novelas, artigos dixitais, contos, cadros, imaxes, películas...

Por exemplo se ti escribes un libro ou fas unha boa fotografía, ninguén pode usar parágrafos do libro sen o teu permiso e tampouco pode publicar a túa foto sen o teu permiso.

Patentes

É un documento oficial que protexe inventos. 

Se ti inventas, por exemplo, un novo instrumento podes rexistrar o instrumento e obter a patente para que ningúen o poida facer igual ca ti ou usando o teu método.

Marcas rexistradas

Protexen: nomes, títulos, selos ou logotipos, é dicir, a imaxe da marca dun produto

Por exemplo, un debuxo coas iniciais dunha empresa á que representa é un logotipo, non pode ser usado por outra empresa para facer outro deseño para un logotipo. 

Que podes facer ti

Para respectar a propiedade intelectual das persoas creadoras, ti podes:

Feito con eXeLearning (Nova xanela)