Saltar navegación

3.5. Xuntos e xuntas máis fortes

 

Glosario

Acta

Imaxe de folla en branco con liñas

Definición:

Resumo escrito do acontecido e acordado nunha reunión ou sesión.

Exemplo:

O Secretario ou Secretaria recolleu os acordos na acta e todos os e as presentes asinaron debaixo.

Anteface

Debuxo dun anteface

Definición:

Obxecto con que se tapa a cara ou parte dela para non ser recoñecido/a, en particular a zona que está arredor dos ollos.

Exemplo:

María usa anteface para durmir.

Bosquexar

Vese unha man facendo un bosquexo

Definición:

Comezar un proxecto usando os elementos básicos, esbozar.

Exemplo:

O artista bosquexou a figura do modelo que debuxaba.

Conmemorar

Imaxe de dúas persoas nunha celebración

Definición:

Lembrar mediante unha cerimonia ou obra un determinado acontecemento ou celebración. 

Exemplo:

O 17 de maio conmemórase o día das Letras Galegas.

Cuestionario

Imaxe dunha folla con 5 liñas para facer preguntas

Definición:

Lista de preguntas expostas ordenadamente e seguindo un criterio determinado, usada na realización de enquisas, exames...

Exemplo:

A nena cubriu o cuestionario sobre os seus alimentos favoritos.

Intermediario

Imaxe de dúas persoas facendo un pacto coa axuda dun intermediario

Definición:

Persoa que serve de unión entre outras dúas persoas ou grupos, que as relaciona ou que fai chegar algo dunha á outra.

Exemplo:

O ministro de exteriores intermediou para acadar a paz entre os dous países.

Ti tamén contas!

Imaxe de nenos e nenas na escola en tempos pasados

Chegados a este punto xa coñeces moi ben como se xestiona o teu país, Galicia e mesmo a túa vila pero... Se hai un lugar onde pasas a maior parte do tempo, aprendes cousas novas cada día e compartes momentos marabillosos con amigas e amigos, ese é o COLE.

Nel pasan moitas cousas “nos despachos” das que ti non sabes nada, mais que fan posible que todo funcione e que recibas a mellor educación posible. Saberías dicir polo menos unha persoa do teu cole que creas que ten encomendada a tarefa de facer que todo funcione?

Seguramente pensaches na directora ou director do teu centro e, efectivamente tes moita razón! Pero o que ao mellor non sabes é que non é un traballo solitario, senón que son moitas as persoas que colaboran no funcionamento do teu cole. 

E agora ven o que seguro que non esperas. Sabes quen pode ser unha desas persoas que colaboran para que todo marche ben na escola? ES TI! Si, si, tal como o les, ti podes formar parte deste equipo de superheroes e superheroínas que coidan de que a escola sexa o lugar máxico que coñeces.

Queres saber como podes achegar o teu gran de area? Imos aló!

Lectura facilitada

Se hai un lugar onde pasas a maior parte do tempo, aprendes cousas novas cada día e compartes momentos marabillosos con amigas e amigos, ese é o COLE.

Sabes quen pode ser unha das persoas que colaboran para que todo marche ben na escola?

ES TI! Si, si, tal como o les, ti podes formar parte deste equipo de superheroes e superheroínas que coidan do cole.

Queres saber como podes achegar o teu gran de area? Imos aló!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)