O Estatuto de Galicia

Galicia é unha das 17 comunidades autónomas que se establecen na Constitución Española de 1978.
Galicia ten identidade propia, recoñecida polo Estatuto de Galicia.
O Estatuto de Autonomía de Galicia, tamén coñecido como Estatuto de Galicia, é a norma institucional básica que organiza e regula o goberno da nosa comunidade.
Este documento está en vigor dende 1981 e ten un papel fundamental na estrutura política de Galicia.
Tamén promove a participación e o benestar da cidadanía galega.
Lectura facilitada
Galicia é unha das 17 comunidades autónomas que se establecen na Constitución Española de 1978.
Galicia ten identidade propia, recoñecida polo Estatuto de Galicia.
O Estatuto de Autonomía de Galicia é tamén coñecido como Estatuto de Galicia.
Este documento ten un papel fundamental na estrutura política de Galicia.
Tamén promove a participación e o benestar da cidadanía galega.
Audio
Bota outra mirada atrás
Predecesores ao Estatuto de Galicia 1981
Ditadura de Francisco Franco 1939 – 1975
En España houbo unha ditadura durante 36 anos, dende o fin da guerra civil en 1939 ata 1975.
Durante este tempo non houbo estatuto nin ningún documento que dixese as regras a seguir.
Francisco Franco foi un ditador que estivo no poder en España durante ese período.
Unha ditadura é unha forma de goberno no que unha persoa manda e exerce o poder sen límites e por suposto sen ter leis regradas en ningunha constitución ou estatuto.
Estatuto de autonomía de Galicia de 1936
O Estatuto de autonomía actual, tivo o seu predecesor no pasado, antes da ditadura. Concretamente durante a Segunda República.
Unha república é un sistema de goberno no que o xefe do estado, é escollido por votación, rísexe por unha constitución, o poder reside no pobo, non nunha única persoa. Todo o contrario a unha ditadura.
Entón, o estatuto de 1936 foi aprobado en referendo (é dicir, por votación popular) o 28 de xuño de 1936 por maioría. Pero non chegou a ser aprobado polas Cortes, por mor da guerra civil española.




















