Saltar navegación

1.1. O sistema democrático

Sistema democrático

Imaxe de Nelson Mandela votando

Algunha vez te preguntaches quen toma as decisións sobre cousas importantes sobre onde vives? Por exemplo, quen fai posible que teñamos persoal sanitario cando o necesitamos, escolas gratuítas ou boas estradas para viaxar con seguridade?

Pois todo isto ocorre grazas ás persoas que forman os gobernos. E sabes por que están aí? Porque foron ELIXIDAS!

Mais... quen as elixiu? Boa pregunta! Esas persoas foron elixidas por toda a cidadanía maior de idade. E sabes como o fan? Pois usando un superpoder moi especial: o voto!

Este superpoder existe porque vivimos nun sistema chamado democracia. Esta palabra vén do grego e significa:

Demos → Pobo
Kratos → poder

Entón, xa o ves, non si? A democracia dálle poder ás persoas! E grazas a ferramentas como o voto, podemos decidir como queremos vivir en comunidade.

Se queres aprender máis sobre este gran superpoder, ven connosco nesta aventura!

Lectura facilitada

Teste preguntado algunha vez quen decide sobre moitas cousas que suceden na túa vila?

Suceden grazas á xestión dos gobernos, formados por persoas que foron elixidas

por todas e todos os cidadáns maiores de idade que teñen dereito ao voto. 

Isto sucede grazas á forma en que a nosa sociedade xestiona todos os seus asuntos: mediante un sistema democrático. 

Que pasará cando remates esta aventura?

Moitas cousas emocionantes che agardan se es quen de superares os retos que te propoñemos!

Ao final desta aventura serás quen de entender e contar correctamente:

  • Coñecer e exercer a participación social no teu colexio.
  • Coñecer a diversidade cultural do teu país.
  • Coñecer as principais características da democracia. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)