Saltar navegación

4.3. Contade as vosas ideas

A instancia

Xa levas moito camiño percorrido, e chegados a este punto, soamente queda un último paso, facer chegar as vosas marabillosas ideas a quen corresponda. E para iso lanzámosvos unha última tarefa: elaborar unha instancia.

Unha instancia é un documento que usamos para comunicarnos co goberno ou a administración pública. É como escribir unha carta especial para pedir algo ou expresar unha queixa.

A instancia é moi sinxela e súper efectiva, igual que o lazo de Wonderwoman, porque explica exactamente o que queremos conseguir e chega ao seu destinatario máis rápido que Flash. Soamente tedes que encher cada unha das partes da mesma:

Datos persoais

Primeiro, escribe o teu nome completo, enderezo e outros datos importantes sobre ti.

No caso dunha instancia grupal, o voso nome será "alumnado da aula de 6º de primaria do cole X".

Expón

Esta palabra vai en maiúsculas. Aquí explicas por que estás a escribir a instancia. Empeza cada razón coa palabra "Que".

Por exemplo: "Que tras valorar o estado das porterías pensamos que as redes están moi deterioradas".

Solicita

Tamén en maiúsculas. Aquí dis claramente o que queres pedir.

Por exemplo: "Substituír as redes actuais por unhas novas".

Data e sinatura

Ao final, pon a data e a túa firma.

Por exemplo: "En Baiona, a 8 de febreiro de 2025" Asinado: Spiderman.

Na parte de abaixo, escribe a quen vai dirixida a instancia.

Por exemplo: "Á atención do equipo directivo do centro".

Modelo de instancia

Na súa web, a Xunta de Galicia ten o seguinte modelo de solicitude ou instancia, pode que vos inspire para acadar a vosa misión! Botádelle unha ollada e elaborade no voso caderno un modelo que se axuste ás necesidades do voso cole, xa que seguramente cómpre que simplifiquedes a vosa. Preme na imaxe para acceder a web da sede electrónica da Xunta.Modelo de instancia

Consellos para escribir unha instancia

  • Usa unha linguaxe respectuosa e clara.
  • Escribe frases curtas e fáciles de entender.
  • Repasa a ortografía e a gramática.
  • Se non estás seguro de como facelo, podes pedir axuda ao titor ou titora, ou aos compis, sodes un equipo!

Lembra, facer unha instancia é como contar unha historia: primeiro explicas por que escribes (EXPÓN) e logo dis o que queres (SOLICITA). É máis fácil do que parece!

Podes axudarte desta Táboa de indicadores.

E a quen lle enviamos as nosas ideas?

Dependendo do que se solicita na instancia, o destinatario pode ser:

  • O equipo directivo.
  • O concello.
  • A asociación de nais e pais do cole.
  • Outras asociacións culturais e deportivas da túa vila.

Pide axuda á túa titora ou titor para saber por que vía podedes facer chegar a vosa instancia. Normalmente se utilizan as seguintes:

  1. Enviar a carta por correo ordinario, así de paso saudades ao carteiro!
  2. Entregádelo por rexistro nas oficinas do concello, esta opción ten excursión incorporada, nin tan mal!
  3. Entregades a instancia no despacho de dirección.

    Non perdades un segundo! Agora formades parte dese equipo de superheroes que coida do seu cole, bulide a facer realidade as vosas ideas e parabéns polo gran traballo que fixestes!

    Elixide un destinatario, o que consideredes que mellor vos axudará a levar a cabo as vosas propostas. A continuación decidide a forma na que faredes chegar a instancia e reto completado! Moito ánimo superheroes e superheroínas!

    Lista de cotexo da túa instancia

    Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.

    %E9%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%D1%FD%E6%F7%F8%FD%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A7%AA%A3%A3%A3%A3%A7%A7%A6%BF%A3%A0%A2%B0%BE%B0%E6%FB%E6%FE%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FC%E6%F7%E1%E6%F3%B2%E1%FD%F0%E0%F7%B2%F3%B2%E6h%F3%B2%FB%FC%E1%E6%F3%FC%F1%FB%F3%B0%BE%B0%E1%E7%F0%E6%FB%E6%FE%F7%B0%A8%B0%C4%F3%FE%FD%E0%F3%B2%FD%B2%E6%F7%E7%B2%E6%E0%F3%F0%F3%FE%FE%FD%B0%BE%B0%FE%F7%E4%F7%FE%E1%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%DD%B2%FC%FD%FF%F7%B2%F6%FD%B2%F5%E0%E7%E2%FD%BE%B2%F7%FC%F6%F7%E0%F7%E8%FD%B2%F7%B2%F6%F3%E6%FD%E1%B2%FB%FF%E2%FD%E0%E6%F3%FC%E6%F7%E1%B2%FB%FC%F6%7F%F1%F3%FC%E1%F7%B2%F6%F7%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%F1%FE%F3%E0%F3%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D3%E1%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%E1%B2%CE%B0%F7%EA%E2a%FC%CE%B0%B2%F7%B2%CE%B0%E1%FD%FE%FB%F1%FB%E6%F3%CE%B0%BE%B2%F7%E1%E6s%FC%B2%F7%FC%B2%FF%F3%FBh%E1%F1%E7%FE%F3%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%DC%FD%B2%F3%E2%F3%E0%E6%F3%F6%FD%B2%CE%B0%F7%EA%E2a%FC%CE%B0%B2%F3%E2%F3%E0%F7%F1%F7%B2%F1%FE%F3%E0%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F3%B2%E0%F3%E8a%FC%B2%E2%FD%FE%F3%B2%E3%E7%F7%B2%E1%F7%B2%F7%E1%F1%E0%FB%F0%F7%B2%F3%B2%FB%FC%E1%E6%F3%FC%F1%FB%F3%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%DC%FD%B2%F3%E2%F3%E0%E6%F3%F6%FD%B2%CE%B0%E1%FD%FE%FB%F1%FB%E6%F3%CE%B0%B2%F3%E2%F3%E0%F7%F1%F7%B2%F1%FE%F3%E0%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%FD%B2%E3%E7%F7%B2%E3%E7%F7%E0%F7%E1%B2%E2%F7%F6%FB%E0%B2%FC%F3%B2%FB%FC%E1%E6%F3%FC%F1%FB%F3%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D3%FD%B2%F4%FB%FC%F3%FE%B2%F6%F3%B2%FB%FC%E1%E6%F3%FC%F1%FB%F3%BE%B2%F4%FB%F5%E7%E0%F3%B2%F3%B2%F6%F3%E6%F3%B2%F7%B2%F3%B2%F4%FB%E0%FF%F3%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D3%FD%B2%F4%FB%FC%F3%FE%B2%F6%F3%B2%FB%FC%E1%E6%F3%FC%F1%FB%F3%BE%B2%E4%F7%E1%F7%B2%F1%FE%F3%E0%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F3%B2%E3%E7%F7%FC%B2%E4%F3%FB%B2%F6%FB%E0%FB%EA%FB%F6%F3%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%CF%BE%B0%FA%F3%E1%DE%FD%F5%FD%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E7%E0%FE%DE%FD%F5%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FA%F3%E1%D1%FD%FF%FF%E7%FC%FB%E6%EB%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E7%E0%FE%D1%FD%FF%FF%E7%FC%FB%E6%EB%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FA%F3%E1%D6%F7%F1%FD%E0%F3%E6%FB%E4%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E7%E0%FE%D6%F7%F1%FD%E0%F3%E6%FB%E4%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%F3%E4%F7%D6%F3%E6%F3%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E7%E1%F7%E0%D6%F3%E6%F3%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%F4%FD%FD%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E1%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FF%E2%FE%FB%E6%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D6%FD%FC%F7%B0%A8%B0%D4%F7%FB%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%C2%E0%FD%F5%E0%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D7%FC%B2%E2%E0%FD%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F7%F6%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E6%F3%E1%F9%DC%E7%FF%F0%F7%E0%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E6%F3%E0%F7%F4%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%F3%FF%F7%B0%A8%B0%DC%FD%FF%F7%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D6%F3%E6%F7%B0%A8%B0%D6%F3%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%D6%F7%E1%F1%F3%E0%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FB%E1%E6%B0%A8%B0%FE%FB%E1%E6%F3%CD%F6%F7%CD%F1%FD%E6%F7%EA%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%F0%FD%FD%E6%B0%A8%B0%C0%F7%FB%FC%FB%F1%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D6%F7%FE%F7%E6%F7%B0%A8%B0%C3%E7%F7%E0%F7%B2%FE%FB%FF%E2%F3%E0%B2%E6a%F6%FD%FE%FD%E1%B2%F1%F3%FF%E2%FD%E1%AD%B0%EF%EF
    Navegador non compatible

    Como o fixen?

    A continuación tes outra rúbrica de autorreflexión para que penses ben o que fixeches ao longo deste REA.

    Fíxate que non só se centra na presentación senón tamén en como escribiches en xeral, como traballaches en grupo, ou como entregaches toda a documentación que se solicitou.

    Rúbrica de autoreflexión do alumnado

    Lectura facilitada

    Rúbrica de autoreflexión do alumnado

    Diario de aprendizaxe

    Icona de diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un caderno co logotipo do proxecto na tapaUn superheroe/superheroína non descansa xamais, pero que che parece se paramos un momento para reflexionar sobre a túa misión?

    Como che fai sentir saber que tamén está na túa man vivir nun lugar mellor? Ou que a convivencia sexa mellor grazas ás túas propostas?

    Cres que é importante adicarlle un chisco a esta tarefa colectiva?

    Podes recoller as túas reflexións no diario de aprendizaxe.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)