Velaquí algunhas propostas de comisións que podedes crear na vosa aula. Lembrade que o importante é achegar ideas para mellorar o voso cole, polo que as que parecen axeitadas para un, pode non selo para outro. Consensuar entre todas e todos cales son os aspectos máis importantes a tratar será un bo primeiro paso.
LISTADO DE POSIBLES COMISIÓNS COA SÚA CORRESPONDENTE MISIÓN:
COOPERACIÓN INTERNA
Existen multitude de formas de traballar no cole en grupos con idades mesturadas, e ten moitas vantaxes. Este grupo fará propostas de posibles actividades nas que participar desta forma.
ASUNTOS EXTERIORES
Analizará como se relaciona o cole con outras institucións da súa contorna, como asociacións culturais e deportivas, o concello...
MEDIOAMBIENTE
Analizará que cousas poden facer os nenos e nenas do cole para coidar da súa contorna.
PATIOS
Analizará o seu patio, propoñendo melloras nas instalacións, o mantemento ou as actividades que se poden desenvolver nese espazo.
FESTAS
Aportará ideas para a celebración dos festivais do cole, como Nadal, Entroido, fin de curso...
FAMILIAS
Encargada de achegar propostas para que as familias colaboren na vida do centro.