A diversidade cultural e lingüística de España

Como xa sabes, o país no que vives chámase España. Seguramente, tamén estarás ao tanto da diversidade cultural e lingüística que ten.
España promove a igualdade, a liberdade e a convivencia entre a súa rica diversidade. Le o artigo 14 da nosa Constitución.
A continuación propoñémoste unha serie de actividades para que lembres a riqueza cultural e lingüística de España dun xeito lúdico e participativo.
Agardamos que che gusten!
Sabías que...?
España

España é un Estado social e democrático de Dereito.
España en Europa

Atópase no sur de Europa occidental e ao norte de África. Limita ao oeste con Portugal, ao nordés con Francia e ao sur co Mar Mediterráneo que nos separa de Marrocos. As cidades de Ceuta e Melilla que están en África, teñen fronteira con Marrocos.
Composición autonómica

Está composta por 17 comunidades autónomas e dúas cidades autónomas no norte de África: Ceuta e Melilla.
Cada autonomía está composta por unha ou máis provincias, Galicia ten catro provincias e Asturias ou Cantabria só teñen unha provincia.
En total España ten 50 provincias.
Internacional

É membro da Organización de Nacións Unidas (ONU) desde o 14 de decembro de 1955.
Europa
É membro da Unión Europea, desde o ano 1985.