Poñemos en común as propostas
Chegamos á última parte do REA, agora toca facer unha reflexión final e sacar conclusións sobre o traballo realizado por todos os grupos da aula. Imos dividir esta quinta fase en tres partes que nos permitan visualizar o traballo de compañeiros e compañeiras e achegar e recibir as suxestións sobre os traballos.
Expoñemos
Organizamos a exposición dos traballos realizados. Buscaremos un espazo que nos permita compartir o traballo co resto do colexio, para iso colocaremos os nosos traballos no salón de actos ou os corredores da escola.
Debatemos
Organizamos un debate na aula, seguindo os pasos que xa vimos na fase tres, para escoller as propostas que cremos que son máis interesantes de cara á mellora da vida do concello onde vivimos.
Avaliamos
Empregamos a rúbrica de coavaliación para reflexionar sobre o traballo dos resto de grupos.
