Un equipo de superheroes

Imos falar sobre o equipo directivo da vosa escola. É como un grupo de superheroes e superheroínas que traballan conxuntamente para que todo funcione ben no colexio. Normalmente está formado por:
A directora ou director
É quen capitanea o equipo. Toma as decisións máis importantes e asegúrase de que todo vaia ben.A xefa ou xefe de estudos
É quen organiza as clases, os horarios e axuda os profesores e alumnos.
A secretaria ou secretario
Encárgase dos papeis importantes e coida o diñeiro da escola.
Moita tarefa
O traballo do equipo directivo é eeeeenorme, mais a modo de resumo, velaquí unhas cantas ideas:
1. Coidan a escola
Asegúranse de que teñades todo o que necesitades para aprender, como libros e materiais.
2. Axudan os profesores e profesoras
Traballan cos mestres e mestras para que as clases sexan divertidas e aprendades moito.
3. Falan coas familias
Organizan reunións cos vosos pais para contarlles as cousas que suceden na escola.
4. Resolven problemas
Se hai algún conflito ou dificultade, eles buscan solucións.
5. Organizan actividades especiais
Planean festas, excursións e eventos divertidos para todas e todos.