Saltar navegación

4. O Consello da Infancia

O teu dereito a participar

Agora xa sabes quen son as persoas que se encargan de coidar de todos nós no cole pero, cres que poderías aportar o teu gran de area para que todo flúa? Como xa sabes, ti es un neno e nena con dereitos e deberes!

É certo que o equipo directivo pon todas as súas enerxías para que todo marche o mellor posible. Aínda así, seguro que hai moitas ideas que vós, como grupo de nenos e nenas que formades parte deste pequeno universo escolar, podedes achegar para axudarlles na súa importante tarefa.

Neste vídeo da web ciudadesamigas.org explícanse de marabilla os motivos polos que as nenas e nenos debedes participar nas decisións da vosa sociedade. Non perdas detalle!

Lectura facilitada

Agora que coñeces o equipo directivo e os teus dereitos e deberes, podes axudar a mellorar o teu cole.

Seguro que tes ideas marabillosas que achegar!

Neste vídeo da web ciudadesamigas.org explícanse de marabilla os motivos polos que as nenas e nenos debedes participar nas decisións da vosa sociedade. Non perdas detalle!

Cidades Amigas da Infancia

Unha Cidade Amiga da Infancia é calquera cidade, vila, comunidade ou sistema de goberno local comprometido co impulso dos dereitos das nenas, os nenos e os adolescentes de acordo coa Convención sobre os Dereitos da Infancia (CDN).

CAIA (Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia)

Sabías que moi preto de ti existe un Consello da Infancia que busca mellorar a sociedade galega e que ademais ti poderías formar parte?

Visita a web que ten a Consellería de Política Social e Igualdade sobre o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA)

Nesta web descubrirás que os nenos e nenas galegas temos moito que aportar á nosa sociedade.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)