Os dereitos humanos e da infancia
Os dereitos da humanidade son o conxunto de normas e principios baseados na igualdade, dignidade e a liberdade de todas os seres humanos. Sen que teña nada que ver a súa relixión, cultura, cor da pel, idioma ou ideoloxía política.
Son dereitos que protexen as persoas, a todas, en conxunto e de forma individual.
Características dos dereitos humanos
Universais

Quere dicir que os dereitos humanos son para todos e todas, independentemente da raza: sexo, idade, país de procedencia ou relixión.
Desde unha nena ata un ancián. Todos teñen dereitos e todos debemos ser tratados con respecto.
Inalienables

Este adxectivo, inalienable, quere dicir que unha persoa non pode quedar sen dereitos, non se poden quitar, nin renunciar a eles.
Por exemplo, se alguén comete un delito, segue tendo dereitos.
Son de todos e todas e hai que respectalos.
Indivisibles

Quere dicir que os dereitos humanos apóianse uns cos outros.
Están conectados e son igual de importantes. Cada dereito depende do outro.
Por exemplo, o dereito á educación está relacionado co dereito á vida e tamén co dereito a recibir atención médica.
Todas as persoas deben coñecer os seus dereitos para defendelos e aplicalos á súa propia vida. Só así seremos igualitarios cos demais e libres para levar unha vida satisfactoria e amigable cos nosos iguais.
Dereitos da infancia
Os nenos e nenas deben ser protexidos dunha forma encarecida, porque teñen máis necesidades e son máis vulnerables ca os adultos. Por iso, en 1989 fíxose a Convención sobre os Dereitos da Infancia, adoptada pola ONU en 1989.
Nesta reunión estableceuse que cada neno e nena ten dereitos fundamentais para poder crecer e desenvolverse de forma saudable e cunha vida digna dentro da sociedade.
Deseguido coñecerás algúns dos dereitos infantís acordados.
Dereito á vida
Todas as nenas e nenos teñen dereito a vivir e medrar de forma saudable.
Dereito á educación

Todos os nenos e nenas deben rebicir educación de calidade para que podan desenvolver a súa capacidade física e mental. En España é obrigatoria a educación ata os 16 anos.
Dereito á saude

Dereito fundamental que di que todos os nenos e nenas deben ter acceso a atención médica adecuada, servizos de saúde e aos recursos necesarios para garantir o seu benestar mental e tamén físico.
Dereito á protección contra a violencia

A rapazada debe ser protexida de todo tipo de violencia, verbal ou física, abuso e explotación. Tanto polas familias, persoas titoras e polo estado, achegando os medios necesarios para garantir esta protección.
Dereito ao xogo

Os nenos e nenas deben ter tempo para divertirse, xogar e participar cos seus iguais. Estas accións de xogo e interacción son esenciais para o seu correcto desenvolvemento.