Tarefa sobre clima e ríos
- Duración:
- 10 minutos
- Agrupamento:
- Individual
1. Observa
Comenta cos teus compañeiros as precipitacións que reflexa este climograma.
2. Reflexiona
Coa axuda dos teus compañeiros/as determina sobre que característica ou características dos ríos influirán as precipitacións monzónicas.
Podedes axudarvos lendo de novo a sección “O biótopo” da lectura inicial desta fase.
3. Lapbook
Elixe o nivel de dificultade da seguinte documentación.
Todas tratan sobre os ríos. Collas a que collas, aprenderás todas as súas características:
- Escolle o nivel que prefires.
- Preme sobre a imaxe.
- Imprime.
- Completa (de ser o caso)
- Pega no teu caderno.
Nivel 1: Imprime e pega no teu caderno.
Nivel 2: Imprime, completa e pega no teu caderno.
Nivel 3: Imprime, investiga, completa e pega no teu caderno.
Fonte: Actividade extraída da web RECURSOEP de Fran Franco.




