Saltar navegación

1.1. Que imos aprender?

O reto final desta aventura

Viaxarás moi ben acompañado

Para acadar o gran reto final, contarás con compañeiras e compañeiros de aventura que te acompañarán e axudarán a organizar e presentar os teus descubrimentos.

Paradas na viaxe: consegue o pasaporte e as imaxes para o minimundo

Para acadar o reto final deberás recopilar os materiais que irás descubrindo ao longo da túa viaxe. Para iso, ao finalizar cada parada da Fase 3, acadarás:

  • Un selo máis no teu pasaporte aventureiro.

DESCARGA O TEU PASAPORTE AVENTUREIRO (abre en nova xanela)

  • Os elementos precisos para construír os minimundos.

O reto polo miúdo

Confía na maxia do compás que te guiará cara ao obxectivo final: crear un minimundo sostible.

Ao finalizar o traballo, teredes que escoller entre un dos ecosistemas correspondentes ao clima:

  • Polar.
  • Tropical árido ou desértico.
  • Tropical húmido monzónico.
  • Tropical húmido.
  • Continental mediterráneo.
  • Oceánico.

Ao teu xeito

O minimundo poderás realizalo empregando:

  • O material descargable a modo diorama.
  • Fotos ou debuxos a modo de mural.
  • A modo de lapbook.
  • En calquera outro formato que consensuedes en equipo e sexa orixinal.

Elementos indispensables do minimundo

- As características máis destacables do clima que elixades.

- As diversas partes do ecosistema.

- A pegada humana.

- Aportar ideas para que o equilibrio ecolóxico natural non sufra danos.

Suxestións para acadar o éxito

Deixade voar a vosa imaxinación e potenciade as vosas dotes de traballo colaborativo. Recordade repartir as responsabilidades de forma eficiente para que todos os membros aporten o mellor de si mesmo e acadar o resultado que desexades.

Como o faremos?

Nesta longa viaxe aprenderemos xuntos de maneira sinxela e divertida. Traballarás de forma individual e grupal. Para acadar o reto final terás que:

Man esquerda collendo unha lupa de aumento
  • Levar a cabo actividades interactivas individuais para aprender por ti mesmo e poñer a proba o teu coñecemento.
  • Realizar tarefas no teu caderno de traballo.
  • Buscar información no teu libro de texto.
  • Facer investigacións a través de páxinas web seguras e fiables.
  • Empregar a biblioteca de aula e do centro como centro de procura de información.
  • Traballar en equipo.
     

Cales son as metas desta viaxe?

Ao longo deste Recurso Educativo Aberto (REA) refrescaredes o aprendido en cursos anteriores, e ampliaredes os coñecementos acerca dos ecosistemas e climas así coma sobre o seu equilibrio e a pegada que os seres humanos deixamos. Polo tanto, con esta viaxe lograrás:

  • Coñecer as características das grandes zonas climáticas do mundo.
  • Analizar e recoñecer os ecosistemas e as paisaxes.
  • Identificar as causas e consecuencias dos humanos no medio.
  • Comprender os cambios do medio natural.
  • Promover estilos de vida sustentables e o consumo responsable para frear as consecuencias da pegada ecolóxica humana na biosfera e na atmosfera.
  • Valorar as normas, dereitos, deberes e liberdades da Constitución española.
  • Coñecer as principais normas de seguridade viaria. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)