Glosario
Clima
-
Definición:
-
Conxunto das condicións do tempo, como a temperatura, as precipitacións, o vento e a humidade, que caracterizan un lugar ou rexión.
-
Exemplo:
-
O clima do deserto é seco, cálido e con moi poucas choivas.
Compás
-
Definición:
-
Aparello circular con puntos cardinais e unha agulla imantada que sinala o norte.
-
Exemplo:
-
O compás indica onde está o norte.
Guía
-
Definición:
-
Persoa que orienta nun camiño e ensina as cousas máis importantes dun lugar.
-
Exemplo:
-
A guía contounos todos os segredos da cidade.
Meteoroloxía
-
Definición:
-
Ciencia que estuda os fenómenos da atmosfera.
-
Exemplo:
-
A meteoroloxía estuda algúns fenómenos como o vento ou as precipitacións.
Minimundo
-
Definición:
-
Os minimundos son representacións a pequena escala de espazos reais que permiten explorar, imitar e comprender o mundo que os rodea.
-
Exemplo:
-
No minimundo que creamos na aula, representamos o ártico con “icebergs", tamén chamadas montañas de xeo, osos polares e iglús.
Pegada ecolóxica
-
Definición:
-
Medida do impacto das actividades humanas sobre o medio ambiente.
-
Exemplo:
-
A súa pegada ecolóxica aumentou ao usar o coche en lugar de ir na bicicleta.
Seguridade viaria
-
Definición:
-
A seguridade viaria son as normas e as accións que nos axudan a estar a salvo cando usamos as estradas ou as rúas.
-
Exemplo:
-
A seguridade viaria é imprescindible para reducir os accidentes de tráfico.
