Saltar navegación

5. Lembramos as vivencias da viaxe

Posta en común

Persoa expoñendoBo traballo! unha vez que tendes os vosos minimundos sostibles debedes agardar a vosa quenda para compartilo cos compañeiros e compañeiras!

Cada equipo deberá presentar o reto final ao resto da clase.

Explicaredes cada minimundo creado, detallando todas as súas características e elementos.

Detallaredes que aspectos se tiveron en conta e como funciona o minimundo. Non esquezades compartir tamén as curiosidades e anécdotas que vos xurdiron durante a vosa aprendizaxe e o voso traballo grupal!

Será unha oportunidade para aprender dos outros e compartir as ideas.

Repasamos!

Neste mapa mental están as ideas de todo o traballado nesta unidade, preme nel co rato para amplialo:

Esquema de frechas co resumo da unidade

Avaliamos o noso traballo en equipo!

Rúbrica para avaliar o traballo en equipo
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
Participación e colaboraciónTodos os membros do equipo participastes activamente nas tarefas propostas e colaborastes axudando aos demais. (4)A maior parte dos membros do equipo participastes activamente nas tarefas propostas e colaborastes axudando aos demais. (3)A metade dos membros do equipo participastes activamente nas tarefas propostas e colaborastes axudándose entre si. (2)Só un membro do equipo (ou ningún) participou de forma activa nas tarefas propostas e non houbo colaboración nin axuda entre vós. (1)
Distribución das tarefasRepartistes as tarefas de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (4)Repartistes a maior parte das tarefas de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (3)Repartistes só a metade das tarefas de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (2)Repartistes de forma moi desigual as tarefas entre os diferentes membros do equipo. (1)
Integración entre os membros do equipoDurante a realización de todas as tarefas, os membros do equipo expresastes libremente as vosas opinións e puntos de vista, escoitastes as opinións dos demais e fostes capaces de chegar a un consenso. (4)Durante a realización da maior parte das tarefas, os membros do equipo expresastes as vosas opinións con liberdade, escoitastes aos demais e fostes capaces de chegar a un consenso. (3)Durante a realización das tarefas, só a metade dos membros do equipo expresastes libremente as vosas opinións, escoitastes as dos demais e lograstes poñervos de acordo. (2)Durante a realización das tarefas, só un membro do equipo expresou a súa opinión, non houbo diálogo e terminouse impoñendo a opinión dunha soa persoa. (1)
Asunción de funcións e responsabilidadesTodos os membros do equipo exercestes moi ben as vosas funcións e cumpristes á perfección as vosas responsabilidades. (4)A maior parte dos membros do equipo exercestes as vosas funcións e cumpristes coas vosas responsabilidades. (3)Só a metade dos compoñentes do equipo exercestes ben as vosas funcións e cumpristes coas vosas responsabilidades. (2)Só un membro do equipo (ou ningún) exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (1)

CEDEC. Rúbrica para avaliar o traballo en equipo (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)