Ler

Ante a perspectiva de facer a última viaxe co compás máxico agólpanse emocións contraditorias.
Por unha banda a tranquilidade do regreso a túa zona de confort parece unha moi boa idea.
Pero por outra banda, logo de todo o aprendido, estás no certo se pensas que non verás a túa terra do mesmo xeito.
Agora coñeces mellor a necesidade de que os ecosistemas estean en equilibrio. Tamén aprendiches que o ser humano é un axente de cambio e a nosa pegada é importante para conservar toda esa marabilla natural que nos ofrece o planeta terra.
Sabes que é imprescindible coñecer mellor o entorno natural e social de xeito que podamos contribuír positivamente a protexelo. Está nas nosas mans manter o noso planeta vivo e san para porque nos achega todo o que precisamos para vivir en paz e harmonía!
Agradecendo o empréstito deste compás máxico, agora é a túa quenda!
Atréveste a construír un mundo mellor?
Lectura facilitada
Pensas na túa última viaxe co compás máxico e sentes emocións diferentes.
Estás contento de volver á túa casa. Pero sabes que co que aprendiches verás a terra doutro xeito.
Agora comprendes mellor a importancia do equilibrio dos ecosistemas.
Tamén sabes que os humanos podemos cambiar o mundo, e que a nosa pegada é clave para protexer a beleza natural do planeta Terra.
Aprendiches que coñecer mellor a natureza e as persoas, é importante para coidala e protexela.
Está nas túas mans manter o noso planeta vivo e san.
O planeta dános todo o que necesitamos para vivir felices!
Agradecendo o empréstito deste compás máxico, agora tócache a ti!
Atréveste a construír un mundo mellor?