Preparados listos...
Preparados, listos... A explorar! Cada paso que deades será unha aventura chea de aprendizaxes e diversión. O mundo enteiro está na túa man grazas a este compás máxico!
Nesta fase, coñecerás diferentes poboacións humanas da man dos guías de viaxe. Tamén reflexionarás sobre a relación do ser humano co ecosistema e as partes que o integran.
Visitarás diferentes lugares do mundo e analizarás os efectos da pegada humana nos ecosistemas e nos seus habitantes.
Finalmente, acadarás as insignias que precisas para superar esta fase e construír os minimundos do reto final.