3.2. Segunda parada: Sahara (clima tropical árido ou desértico)
Glosario
Árido
Definición:
Que ten pouca humidade.
Exemplo:
Os terreos áridos dificultan o cultivo.
Conca hidrográfica
Definición:
Terreo polo que aflúen augas que desembocan nun mesmo río, lago ou mar.
Exemplo:
Algunhas zonas do Sáhara teñen concas hidrográficas que permiten a aparición de oasis.
Haima
Definición:
Tenda de campaña moi lixeira e doada de montar e desmontar que utilizan os nómades no deserto.
Exemplo:
A haima e tan lixeira que pode transportarse en camelo.
Índigo
Definición:
Cor azul escuro e nome do colorante desa cor que se extrae dunha planta que leva o mesmo nome.
Exemplo:
Os Tuareg tinguen a súa roupa con índigo.
Nómade
Definición:
Persoa que non ten vivenda nin domicilio fixo.
Exemplo:
No deserto hai tribos nómades que dormen en haimas.
Ler
A viaxe
A viaxe co compás máxico é moito máis rápida e ecolóxica ca unha viaxe en avión, pero non tan confortable. Sentes como se te absorbera un remuíño xigante que xira a gran velocidade e escoitas un ruído enxordecedor. Tentas manter os ollos abertos pero un remuíño de lumaradas de cor ocre fai que te marees. Notas unha brisa cálida e cando tentas respirar unha morea de area quente entra na túa boca. Mentres toses entornas os ollos para tentar ver o que pasa ao teu redor.
O guía
De súpeto, a sombra dunha persoa bastante alta cae sobre ti e podes distinguir uns grandes ollos negros tras unha tea azul que te miran con preocupación. Escoitas a voz grave dun neno:
- Atópaste ben? vente gorecer na miña haima.
Sen case poder abrir as pálpebras e loitando contra o vento e a area déixaste levar ata unha tenda de campaña bastante espazosa. Dentro podes coller aire sen respirar po e
area e fíxaste no teu novo guía. A tea azul que lle cobre a cara enróscaselle coma un turbante na cabeza. Xa sentado nun coxín no chan quita o turbante e invítate a sentar cun elegante aceno.
- Chámome Moussa e pertenzo á tribo nómade dos Tuareg.
O biótopo
- Onde estamos? - preguntas.
- Estamos no Norte do continente africano. - resposta o teu guía - O gran deserto do Sahara cheo de dunas é o noso fogar. Sabemos sobrevivir ás temperaturas extremas que poden oscilar entre os -5ºC nas noites máis frías de inverno e os 50ºC nos días máis solleiros do verán. O noso segredo está en aproveitar a pouca auga e as abundantes sales minerais que nos aporta a natureza para sobrevivir neste lugar tan árido.
Estas haimas tan só son un lugar para tomamos un descanso ou gorecernos do po sahariano e das tormentas de area. Cando o tempo calma, é o momento de poñernos en marcha de novo. Algúns de nós buscamos oasis con algo de pasto e auga para o noso gando. Outros van colleitar sal dos lagos. A auga e as sales minerais son imprescindibles para a supervivencia no deserto!
- Tendes oasis e lagos? pensei que no deserto había menos auga!
- Os lagos que temos son de sal, non teñen auga permanentemente. A calor evapora parte da auga e o terreo filtra o resto deixando os sales minerais na superficie. Pertencen a concas arreicas!
- Á túa mente ven o recordo do esquema que tanto tempo estivo na lousa da vosa clase sen que lle fixeras moito caso...
{"id":"3feb4740-ac25-471d-8939-8eb5f169755e","title":"Tipos de concas hidrográficas","mindmap":{"root":{"id":"9b089dff-3755-4dc7-90cd-095d5903dca2","parentId":null,"text":{"caption":"Tipos de concas hidrográficas","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":20,"color":"#000000"}},"offset":{"x":0,"y":0},"foldChildren":false,"branchColor":"#000000","children":[{"id":"8ca3c711-b3f3-435f-b7d3-679ab155202b","parentId":"9b089dff-3755-4dc7-90cd-095d5903dca2","text":{"caption":"Conca exorreica:","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":19,"color":"#000000"}},"offset":{"x":168,"y":-125.0078125},"foldChildren":false,"branchColor":"#486eeb","children":[{"id":"4e910a51-c12a-4c87-9428-4422f9cd279a","parentId":"8ca3c711-b3f3-435f-b7d3-679ab155202b","text":{"caption":"Os ríos verten as augas ao mar ou aos océanos.","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":154.2890625,"y":-9.700515747070312},"foldChildren":false,"branchColor":"#486eeb","children":[]}]},{"id":"0e988854-94b4-4d39-a5ef-5315dbb2278a","parentId":"9b089dff-3755-4dc7-90cd-095d5903dca2","text":{"caption":"Conca endorreica:","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":19,"color":"#000000"}},"offset":{"x":169.984375,"y":24.953125},"foldChildren":false,"branchColor":"#32ba54","children":[{"id":"9fd5d93c-44b5-4086-938f-27c4fc5387dc","parentId":"0e988854-94b4-4d39-a5ef-5315dbb2278a","text":{"caption":"Os ríos verten as súas augas a lagos ou lagunas.","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":157.96875,"y":10.981765747070312},"foldChildren":false,"branchColor":"#32ba54","children":[]}]},{"id":"44684f79-b585-4a5e-93be-ae15fa037782","parentId":"9b089dff-3755-4dc7-90cd-095d5903dca2","text":{"caption":"Conca arreica:","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":19,"color":"#000000"}},"offset":{"x":186.9453125,"y":185.9322967529297},"foldChildren":false,"branchColor":"#f5c45a","children":[{"id":"7ec28504-0581-4c54-8570-9d1556bc2b97","parentId":"44684f79-b585-4a5e-93be-ae15fa037782","text":{"caption":"Non verten as súas augas xa que estas se evaporan ou filtran no terreo.","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":134.28387451171875,"y":-21.7109375},"foldChildren":false,"branchColor":"#f5c45a","children":[]}]}]}},"dates":{"created":1735812417618,"modified":1735812781100},"dimensions":{"x":4000,"y":2000},"autosave":false}
A biocenose
A miña familia e máis eu dedicámonos ao pastoreo rabaños de cabras, cordeiros, vacas e asnos. Adoitan pouca herba e bastantes arbustos xerófilos que son moi resistentes á seca.
Pero no deserto tamén hai vida salvaxe. Debes ter moito coidado cos animais velenosos como as víboras cornudas, e os alacráns xa que se camuflan na area e non son moi amistosos. Tamén hai mandas de camelos salvaxes e outros mamíferos coma gacelas.
Os medios de transporte
- Non tendes camelos? sempre pensei que no deserto había camelos e dromedarios! - contestas con sorpresa.
- Claro que temos camelos! Son moi importantes para nós e dende moi pequenos aprendemos a deixarnos guiar por eles para atopar auga.
- E como viaxades para chegar a tempo? Os camelos e dromedarios camiñan moi lento!
- Non creas que son tan lentos. Deberías velos correr cando hai auga cerca... - ri Moussa divertido.
A pegada ecolóxica humana
- A verdade é que case nunca temos presa. A non ser que algún fenómeno meteorolóxico como as tormentas de area nos obrigue a apurarnos. Agora tamén ás veces temos presa por
escapar das inundacións que asolagan parte do noso deserto.
- Asolagamentos? no deserto? iso é un pouco estraño.
- Nin os máis vellos da tribo recordan escoitar falar de tal cousa aos seus devanceiros. Agora estamos preocupados porque o cambio climático pode destruír o noso amado deserto, o noso fogar.
Faise o silencio notas que Moussa ten a mirada perdida nun xesto pensativo e preocupado.
Despedida
No exterior da haima xa non se escoita zoar o vento.
Moussa acompáñate ata o exterior e escoitades o silencio por un intre. Logo explícate:
- No deserto podemos escoitar ata o latexo do noso propio corazón se estamos moi atentos! Aprende a escoitar á natureza porque aí está o segredo da felicidade.
Agradecendo as ensinanzas de Moussa e con todas as fotos na túa mochila, botas man ao peto para agarrar con forza o compás e seguir a túa viaxe.
Lectura facilitada
A viaxe
A viaxe co compás máxico é moito mellor ca voar en avión.
Pero non é tan cómoda.
Sentes que estás nun remuíño que xira moi rápido.
Oes un ruído moi forte.
Unha luz dourada moi forte non deixa abrir os ollos.
Sentes unha brisa quente e, cando respiras éntrache moita area na boca.
Comezas a tusir e pechas os ollos para intentar ver o que pasa ao teu redor.
O guía
Unha persoa moi alta ponse entre o sol e máis ti.
Só ves os seus ollos grandes que te miran con preocupación detrás dunha tea azul.
Escoitas que che fala:
— ¿Estás ben? Ven descansar á miña tenda.
Case non podes abrir os ollos, loitando contra o vento e a area, e déixaste levar até unha tenda de campaña bastante grande.
Dentro respiras aire limpo e fíxaste no teu novo guía.
Leva un turbante na cabeza.
Senta nun coxín no chan, invítate a sentar.
— Chámome Moussa e son da tribo nómade dos Tuareg.
Se algún día oiades falar dos homes azuis do deserto, somos nós.
O índigo co que tinguimos a nosa roupa tamén deixa esa cor na nosa pel.
O biótopo
— Onde estamos? - preguntas.
— Estamos no Norte de África. Este é o noso fogar.
— Sabemos sobrevivir a temperaturas entre os -5ºC e os 50ºC.
— O noso segredo está en aproveitar a pouca auga e as moitas sales minerais que buscamos.
— Só usamos as haimas para descansar e protexernos do po sahariano e das tormentas de area.
— O resto do tempo buscamos oasis con pasto e auga para o noso gando.
— Outros van colleitar sal dos lagos.
Precisamos auga e sales minerais para sobrevivir!
— Tendes lagos? pensei que no deserto había menos auga!
— Os lagos que temos son de sal, non teñen auga sempre.
— A calor evapora parte da auga e a terra filtra o resto deixando os sales minerais na superficie.
— Pertencen a concas arreicas!
— Á túa mente ven o recordo do esquema que tanto tempo estivo na lousa da vosa clase sen que lle fixeras moito caso...
{"id":"3feb4740-ac25-471d-8939-8eb5f169755e","title":"Tipos de concas hidrográficas","mindmap":{"root":{"id":"9b089dff-3755-4dc7-90cd-095d5903dca2","parentId":null,"text":{"caption":"Tipos de concas hidrográficas","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":20,"color":"#000000"}},"offset":{"x":0,"y":0},"foldChildren":false,"branchColor":"#000000","children":[{"id":"8ca3c711-b3f3-435f-b7d3-679ab155202b","parentId":"9b089dff-3755-4dc7-90cd-095d5903dca2","text":{"caption":"Conca exorreica:","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":19,"color":"#000000"}},"offset":{"x":168,"y":-125.0078125},"foldChildren":false,"branchColor":"#486eeb","children":[{"id":"4e910a51-c12a-4c87-9428-4422f9cd279a","parentId":"8ca3c711-b3f3-435f-b7d3-679ab155202b","text":{"caption":"Os ríos verten as augas ao mar ou aos océanos.","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":154.2890625,"y":-9.700515747070312},"foldChildren":false,"branchColor":"#486eeb","children":[]}]},{"id":"0e988854-94b4-4d39-a5ef-5315dbb2278a","parentId":"9b089dff-3755-4dc7-90cd-095d5903dca2","text":{"caption":"Conca endorreica:","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":19,"color":"#000000"}},"offset":{"x":169.984375,"y":24.953125},"foldChildren":false,"branchColor":"#32ba54","children":[{"id":"9fd5d93c-44b5-4086-938f-27c4fc5387dc","parentId":"0e988854-94b4-4d39-a5ef-5315dbb2278a","text":{"caption":"Os ríos verten as súas augas a lagos ou lagunas.","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":157.96875,"y":10.981765747070312},"foldChildren":false,"branchColor":"#32ba54","children":[]}]},{"id":"44684f79-b585-4a5e-93be-ae15fa037782","parentId":"9b089dff-3755-4dc7-90cd-095d5903dca2","text":{"caption":"Conca arreica:","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":19,"color":"#000000"}},"offset":{"x":186.9453125,"y":185.9322967529297},"foldChildren":false,"branchColor":"#f5c45a","children":[{"id":"7ec28504-0581-4c54-8570-9d1556bc2b97","parentId":"44684f79-b585-4a5e-93be-ae15fa037782","text":{"caption":"Non verten as súas augas xa que estas se evaporan ou filtran no terreo.","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":134.28387451171875,"y":-21.7109375},"foldChildren":false,"branchColor":"#f5c45a","children":[]}]}]}},"dates":{"created":1735812417618,"modified":1735812781100},"dimensions":{"x":4000,"y":2000},"autosave":false}
A biocenose
A miña familia e eu traballamos coas cabras, cordeiros, vacas e asnos.
Eles comen pouca herba e moitos arbustos dos que son moi resistentes á seca.
No deserto tamén hai animais salvaxes.
Hai que ter moito coidado cos animais perigosos como as víboras cornudas e os alacráns, porque se agochan na area.
Tamén hai camelos salvaxes e outros animais como as gacelas.
Os medios de transporte
— ¿Non tendes camelos? — dis con sorpresa.
— ¡Claro que temos camelos! Son moi importantes para atopar auga.
— ¿E como viaxades para chegar a tempo? ¡Os camelos e dromedarios camiñan moi lento!
— Non son tan lentos. Deberías velos correr cando hai auga preto... —ri Moussa.
A pegada ecolóxica humana
— Só temos presa se hai tormentas de area.
— Agora tamén temos que correr para escapar das inundacións que chegan ao noso deserto.
— ¿Inundacións no deserto? que raro!
— Os maiores da tribo non escoitaran falar diso.
— Agora estamos preocupados porque o cambio climático pode destruír o deserto que é o noso fogar.
Notas que Moussa está pensando e moi preocupado.
Despedida
Fora da haima xa non se escoita o vento.
Moussa sae contigo e escoitades o silencio por un intre. Logo explícate:
- No deserto podes escoitar ata o latexo do noso propio corazón se estas moi atento!
Aprende a escoitar á natureza porque aí está o segredo da felicidade.
Agradecendo as ensinanzas de Moussa e con todas as fotos na túa mochila, botas man ao peto para agarrar con forza o compás e seguir a túa viaxe.