Chegou o momento de elaborar o voso minimundo
Conseguístelo!
Despois de este largo camiño, xa podedes ter nas vosas mans os elementos do minimundo. Están clasificados coas seguintes categorías:
- Fauna
- Flora
- Medios de transporte
Elementos do minimundo
Como o faredes?
Formade grupos e dividídeos por climas. Cada membro do grupo ocuparase dun apartado do minimundo.
Por exemplo, o meu grupo será o responsable de elaborar o clima polar. Eu farei a fauna do clima polar.
Recordade potenciar as vosas dotes de traballo colaborativo. Recordade repartir as responsabilidades de forma eficiente para que todos os membros aporten o mellor de si mesmo e conseguir o resultado que desexades.
Collede os elementos que vos correspondan, coloreádelos e deixade voar a vosa imaxinación para presentalos ao resto dos equipos.
Só tendes que respectar dúas condicións:
1. Facelo nun formato analóxico (non dixital).
2. O formato que elixades debe ter un apoio visual para a vosa exposición.
Por exemplo poderedes:
- Colocalos sobre un mural.
- Facer un libro coas características dos climas.
- Colocalos no mapa.
- Facer unha montaxe en 3D

