As ferramentas do explorador
Prepárate porque ningún bo explorador pode viaxar sen as súas ferramentas de medición! Imaxina intentar descubrir o clima sen saber se vai frío ou calor, sen saber se vai chover ou non... ¡Sería coma saír sen paraugas nun día de tormenta!
Nesta misión, aprenderemos a usar os instrumentos que os científicos empregan para medir o tempo e o clima, como funcionan e que segredos agochan estes obxectos máxicos da ciencia.
Prepárate! ¿Quen sabe? Quizais o próximo meteorólogo estea aquí, na clase...
Lectura facilitada
Prepárate!
Un explorador precisa ferramentas para viaxar.
Intenta imaxinar o clima sen saber se hai frío ou calor, ou se vai chover...
Nesta misión, coñeceremos os instrumentos que usan os científicos para medir o tempo e o clima.
Veremos como funcionan e que segredos teñen.
Prepárate!
Anemómetro
É un instrumento meteorolóxico que serve para medir a velocidade do vento.
Barómetro
É un instrumento para medir a presión atmosférica.
Pluviómetro
É un instrumento que se emprega para medir a cantidade de choiva que cae.
Termómetro
É un aparello que serve para medir a temperatura dun lugar.
Catavento
Artefacto xiratorio que mide a dirección do vento.
Estación
A estación meteorolóxica é un conxunto de dispositivos destinados a rexistrar as variables do tempo.



