Saltar navegación

1.2. Atréveste?

 

Glosario

Ecosistema

Icona que amosa elementos dun ecosistema

Definición:

Lugar onde viven xuntos os seres vivos (como animais, plantas e persoas) e o medio natural (como o aire, a auga, o chan…). Todos se relacionan entre si para poder vivir.

Exemplo:

Un bosque é un ecosistema onde hai árbores, paxaros, insectos, animais e tamén ríos, pedras e terra. Todos dependen uns dos outros para sobrevivir.

A aventura do compás máxico!

Imaxe dunha maleta de cor marrón

Nesta viaxe, en cada lugar, aprenderás como son os ecosistemas, a vexetación e a fauna, o seu clima e as súas curiosidades. Tamén descubrirás como as persoas van cambiando o medio ambiente e que podes facer para coidar o planeta na actualidade.

Durante esta viaxe, usarás medios de transporte típicos de cada rexión e pensarás no impacto que teñen na natureza. Contarás con guías en cada unha das paradas da túa viaxe que che farán reflexionar e aprender sobre estas cuestións. Tamén investigarás, aprenderás a interpretar as gráficas e mellorarás o teu vocabulario científico.

Prepárate para vivir unha emocionante aventura e coidar o noso planeta. 

O compás máxico agarda por ti!

Lectura facilitada

En cada lugar, aprenderás sobre os ecosistemas.

Verás as plantas, animais, o clima e cousas curiosas.

Descubrirás como as persoas cambian o medio ambiente.

Saberás que podes facer para coidar o planeta.

Usarás transportes típicos de cada rexión.

Pensarás no impacto deses transportes na natureza.

Tamén investigarás e entenderás gráficas.

Mellorarás o teu vocabulario científico.

O compás máxico te levará a un obxectivo: crear un minimundo sostible.

Cada descubrimento será un selo no teu pasaporte aventureiro.

Falarás das diferenzas entre climas e zonas climáticas.

Prepárate para unha grande aventura.

Coidemos o noso planeta.

O compás máxico agarda por ti!

Diario de aprendizaxe

Icona de diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Xenial! Xa alcanzaches a primeira fase. Agora só queda cubrir o diario de aprendizaxe para reflexionar sobre todo o aprendido.

Vai ao apartado diario de aprendizaxe e descarga o documento para cubrir a primeira fase.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)