Curiosidades

O Piamonte é unha rexión do Noroeste de Italia. O seu nome significa “ao pé do monte”, porque está rodeada por dúas cordilleiras:
Por unha banda a cordilleira dos Alpes que é a máis alta do continente europeo. Nela atópase o Mont Blanc que vén sendo o pico máis alto de Europa con aproximadamente 4805 m de altitude.
Por outra banda, os montes Apeninos que percorren a península itálica de norte a sur.