Saltar navegación

3.7. Somos conscientes do cambio climático?

 

Glosario

Consumo responsable

Icona do consumo responsable

Definición:

Actuación dunha persoa que merca produtos e/ou servizos de forma consciente, só cando as necesita.

Exemplo:

Fago un consumo responsable cando merco produtos locais.

Ecolóxico

Tenda de produtos ecolóxicos  + (Arasaac)

Definición:

Aqueles produtos cos que se respecta o medio ambiente na súa produción.

Exemplo:

Esta mazá ecolóxica non ten produtos químicos.

Granel

Tenda de produtos a granel + (Arasaac)

Definición:

Produtos que se venden sen envases e por peso.

Exemplo:

A miña nai mercou froitos secos a granel.

Importar

Icona na que se ven caixas que veñen doutros países

Definición:

Traer produtos dende outros países, co fin de vendelos no país de destino.

Exemplo:

En España non cultivamos moito aguacate, por iso o que mercamos provén de países como México.

Produto local

Imaxe de froitas e verduras frescas

Definición:

Aqueles produtos que proveñen ou se cultivan cerca de onde se mercan. 

Exemplo:

Nesa tenda só venden produtos locais, son de hortas galegas.

Seca

Imaxe dun lugar da terra gretada pola seca.

Definición:

Momento no que non hai suficiente auga para as necesidades do ser humano, fauna e flora.

Exemplo:

Produciuse unha seca por non chover en todo o inverno.

Estades aí?

Lectura facilitada

Ola? Ola? Hai alguén? 

Chámome Tara e veño do futuro. Preciso da vosa axuda axiña!

A Terra leva moitos anos dando sinais de alerta, o quecemento global é real. 

A natureza está desaparecendo: animais, plantas e, incluso, case non temos auga. 

Os mares están cheos de residuos e plástico e non nos permiten pasear pola rúa máis de 20 minutos ao día, debido á alta contaminación dos gases.

As fábricas non teñen materiais para fabricar roupa, material escolar ou aparatos tecnolóxicos.

Estades a tempo de cambiar este futuro, retardar o cambio climático con pequenos cambios.

Axudarme!

O impacto do ser humano en España

Coñecemos a procedencia do que mercamos?

Un dos cambios máis fáciles que podedes facer, comeza por fixarse nas etiquetas dos produtos que mercamos. Se mercamos produtos locais, tanto de Galicia coma de España, a contaminación reducirase en gran cantidade. 

Cando as mercancías proveñen importadas doutros países, provocan que se empreguen máis medios de transporte, os cales producen gases. 

Algúns dos produtos máis importados en España son o petróleo, o téxtil e moitos dos alimentos (como a pataca, aguacate, bananas, arandos...).

Estes produtos proveñen de moitos países do mundo (China, Francia, Estados Unidos, Marrocos...).

O plástico

Un dos maiores inimigos da contaminación é o plástico. Atópase na maior parte dos produtos que adquirimos, dende alimentos ata na composición da nosa roupa.

É ben sabido por todos e todas que o plástico favorece o cambio climático, aparecendo nos nosos mares, xerando moitos residuos, provocando problemas na saúde humana...

Por iso, é importante mercar aqueles produtos que conteñan a menor porcentaxe de plástico posible. Algúns exemplos son:

  • Roupa que non conteña plástico na súa composición.
  • Envases con plástico reciclado.
  • Alimentos a granel.

Compramos máis do que necesitamos

Unha persoa que fai un consumo responsable ten en conta valores sociais, éticos e de coidado da natureza.

Este implica comprar só cando o necesitamos, priorizando a reutilización e reciclaxe do que xa temos.

Ademais, no consumo responsable evítase mercar en tendas online, no que facer uns cantos clics é máis doado que ir ata unha tenda física. Este tipo de produtos son máis baratos, xa que as condicións dos traballadores adoitan ser máis precarias e a produción resulta ser máis económica.

Mercados ECO e produtos BIO

Os mercados ECO adoitan ser tendas pequenas que teñen produtos locais e/ou de tempada. 

Moitos destes mercados teñen os chamados produtos BIO, alimentos elaborados sen químicos, os cales son mellores para a nosa saúde. Os produtos BIO son máis caros, xa que levan máis tempo de produción e un maior custe.

Os mercados ECO non só venden alimentos, tamén podemos mercar produtos de:

  • Hixiene
  • Hixiene feminina
  • Coidado persoal
  • Limpeza do fogar
  • Moda sostible
  • Horta
  • Fragrancias

Algunhas das vantaxes de mercar neste tipo de tendas son:

  • Menos contaminación por transporte.
  • Reducir o consumo de plástico.
  • Reutilizar envases.
  • Produtos de máis calidade.
  • Apoiar as tendas locais.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)