Posta en común
Hoxe é o momento de compartir todo o que investigastes sobre as zonas climáticas do noso planeta. Cada equipo de investigación xogou un papel clave para entender a diversidade e características das diferentes rexións do mundo.
Para a posta en común, cada membro do grupo compartirá a súa investigación achegando unha peza do crebacabezas de cada zona climática.
Mentres presentades, os demais equipos poderán facer preguntas, anotar ideas ou propoñer debates.
Imos!
Lectura facilitada
Hoxe imos compartir o que investigastes sobre as zonas climáticas.
Cada equipo fixo un traballo importante.
Cada persoa do grupo dirá o que descubriu.
Así, xuntaremos todas as pezas do crebacabezas de cada zona climática.
Mentres presentades, os outros equipos poden facer preguntas ou anotar ideas.
¡Imos!
