Saltar navegación

Os roles

Os roles

Despois das recomendacións anteriores, é o momento de facer os grupos e seleccionar os roles.

Podedes elixir tantos roles como se vos ocorran, pero aquí podedes ver diferentes exemplos:

Lectura facilitada

É o momento de facer os grupos e seleccionar os roles.

Podedes elixir tantos roles como se vos ocorran.

A continuación, tedes uns exemplos:

Difusión do evento

Todo evento debe ser promovido para dalo a coñecer e que as persoas saiban da súa existencia. Se non coñecen que se vai realizar un evento, dificilmente poderán participar.

A promoción dun evento pode facerse de diferentes formas, pero un xeito moi doado de dalo a coñecer e un dos máis empregados é co uso de carteleira. Esa carteleira pódese empregar dixitalmente ou con carteis físicos. De todas formas, ambas opcións teñen algo en común: a necesidade de crear os carteis.

Despois podédelos empregar dixitalmente para difundilos por redes sociais ou imprimilos e pegalos en distintos espazos.

Que opción vos parece a máis axeitada para promover o voso evento?

Actividade grupal 1 - Creando carteis

Como organizadores dun concurso de talentos seguro que queredes que o alumnado se anime a participar como público, polo que o reto deste grupo é crear un cartel para promover o voso evento.

Como podedes conseguir iso? Coa creación de carteleira orixinal coa que captar a atención do alumnado e conseguir así que acuda como público.

Tede en conta que é moi importante que o cartel debe cumprir uns requisitos:

- Ser orixinal e rechamante para captar a atención do posible público.

- Ofrecer a información sobre o evento, sen abusar de moito texto.

Aquí tendes un exemplo:

Exemplo cartel para Ti si que vales

Podedes observar que é un cartel que busca captar a atención de toda persoa que o vexa da seguinte maneira:

- Ten unha imaxe orixinal e rechamante sobre o concurso.

- O nome do evento aparece nun tamaño axeitado, sendo fácil de visualizar.

- As datas da celebración do evento son claras.

- Non hai moito texto.

- Aparecen os organizadores ou co-organizadores. É importante que os posibles participantes saiban quen o organiza.

Se vedes un cartel deste concurso, gustaríavos acudir como público? Por que?

Lectura facilitada

É importante que o evento se coñeza.

Unha maneira fácil de promoción é a carteleira. Esa carteleira pode ser dixital en redes sociais ou con carteis impresos. 

Que opción vos parece mellor para promover o voso evento?

Actividade grupal 1 - Creando carteis

O reto deste grupo é crear un cartel para promover o voso evento.

Como podedes conseguir iso?

Coa creación de carteleira orixinal para captar a atención do alumnado.

O cartel debe cumprir uns requisitos:

  • Ser orixinal e rechamante.
  • Ofrecer a información sobre o evento, sen moito texto.

Aquí tendes un exemplo:

exemplo cartel

Busca captar a atención de toda persoa que o vexa da seguinte maneira:

- Ten unha imaxe orixinal e rechamante sobre o concurso.

- O nome do evento aparece nun tamaño fácil de ver.

- As datas da celebración do evento son claras.

- Non hai moito texto.

- Aparecen os organizadores. 

Se vedes un cartel deste concurso, gustaríavos acudir como público? Por que?

Responsables do material, vestiario e maquillaxe

A vosa actuación lucirá moito máis se lle engadides elementos WOW como vestiario conxuntado, maquillaxe, e, sobre todo, decorado!

Quen se encargará destes pequenos-grandes detalles que axudan a que a vosa actuación sexa memorable?

Actividade grupal 2 - Creando os decorados

Decorados para a actuaciónPensade no artista que levades dentro!

A vosa coreografía necesita si ou si outros elementos de atrezzo. Esta palabra non é máis que o conxunto de elementos que se necesitan para unha representación escénica. 

 Necesitades un xergón, unha cadeira? Quedaría ben facer un decorado en cartón? Un ambiente como de circo? Unhas letras xigantes co nome da canción? 

Cada coreografía é un mundo, cada actuación é especial e non podemos adiviñar o que vos fará falta, pero estamos seguros de que vos quedará incrible!

Lectura facilitada

A vosa actuación será mellor se lle engadides como vestiario conxuntado, maquillaxe e decorado.

Quen se encargará destes detalles?

Actividade grupal 2 - Creando os decorados

decorados para a actuaciónPensade no artista que levades dentro!

A vosa coreografía necesita outros elementos de decorado. 

 Necesitades un xergón, unha cadeira? Quedaría ben facer un decorado en cartón? Un ambiente como de circo? Unhas letras xigantes co nome da canción? 

Cada coreografía é un mundo, pero estamos seguros de que vos quedará incrible!

Técnicos de luz e son

Este rol é moi importante! Cos nervios da actuación, necesitamos alguén de fiar para que a luz o e son funcionen ben no momento da representación.  Quen é unha experta no mundo da electrónica?

Actividade grupal 3 - Creando a lista de reprodución das actuacións

Posta a punto de todo o que ten que ver coa imaxe e son do eventoCada grupo ten que ter clara a música que vai levar coa actuación. Podedes usar unha soa canción ou mesturar varias. Iso correría da conta de cada grupo, tedes algunhas apps onde o podedes facer.

Esta música ten que estar preparada canto antes mellor, e sobre todo lista para o día da simulación.  Para ese día o máis doado e que lle pasedes ás técnicas de luz e son un arquivo coa vosa música. Así elas poden gardalas todas nun USB, ou facer unha lista de reprodución.

Se cada un ten que poñer a súa música antes de actuar é un caos, e queremos un evento de nivel, así que técnicas de son... a traballar!

Lectura facilitada

Este rol é moi importante!

Necesitamos a alguén para que a luz o e son funcionen ben no momento da representación. 

Quen é unha experta no mundo da electrónica?

Actividade grupal 3 - Creando a lista de reprodución das actuacións

imaxe e sonCada grupo ten que ter clara a música que vai levar coa actuación.

Podedes usar unha soa canción ou mesturar varias.

Tedes algunhas aplicacións onde o podedes facer.

Esta música ten que estar lista para o día da simulación. 

Pasádelle as técnicas de luz e son un arquivo coa vosa música.

Formación do xurado

Quen vai formar o xurado? Profes? Compañeiros ou compañeiras doutros cursos? Necesitades un xurado imparcial!

Montádelles un sitio privilexiado dende onde poidan ver as actuacións e dádelles unha rúbrica para puntuarvos.

Que é unha rúbrica? Unha rúbrica é unha guía precisa que valora a actuación. 

Actividade grupal 4 - Creando a rúbrica de avaliación das actuacións

Para crear unha rúbrica tedes que seguir os seguintes pasos:

1. Identificar que aspectos ten que valorar o xurado (por exemplo, dificultade da actuación, traballo en equipo, decorado e vestiario, sincronización coa música, axuste a espazo e tempo...).

2. Definir distintos niveis: principiante, intermedio, avanzado, experto.

3. Definir que se espera de cada aspecto a valorar en cada nivel. 

Aquí tendes un exemplo de rúbrica que podedes adaptar ao voso gusto:

Rúbrica de exemplo para o xurado de Ti si que vales

Lectura facilitada

Quen vai formar o xurado?

Montádelles un sitio onde poidan ver perfectamente as actuacións.

Dádelles unha rúbrica para que poidan puntuarvos.

Unha rúbrica é unha guía precisa que valora a actuación e tamén a aprendizaxe. 

Actividade grupal 4 - Creando a rúbrica de avaliación das actuacións

Para crear unha rúbrica tedes que seguir os seguintes pasos:

1. Identificar que aspectos ten que valorar o xurado:

  • Dificultade da actuación.
  • Traballo en equipo.
  • Decorado e vestiario.
  • Sincronización coa música e axuste a espazo e tempo.

2. Definir distintos niveis (principiante, intermedio, avanzado, experto).

3. Definir que se espera de cada aspecto a valorar en cada nivel. 

Aquí tendes un exemplo de rúbrica que podedes adaptar ao voso gusto:

rúbrica ti si que vales

Organización espazo-temporal

O equipo de organización é o que prepara o sitio onde se vai facer o "Ti si que vales". Cantas persoas van vir de público? Hai bastantes cadeiras para sentar a todos? Quen nos vai abrir o ximnasio/ salón de actos? 

Tamén crearedes, repartiredes e recolleredes as entradas, acomodaredes ao público e controlaredes os tempos de cada actuación para que o voso evento se realice no tempo previsto.

Actividade grupal 5 - Creando e repartindo as entradas

Estaría ben que as entradas fosen parecidas ao cartel que anuncia o evento. Se isto non é posible, podedes facelas máis sinxelas, usando calquera app que vos axude co deseño. Poñémosvos o exemplo de como, con 4 cambios, o cartel pode convertese en entrada.

O seguinte paso sería facer fotocopias (importante, asegurádevos de facer suficientes!).

A continuación, tedes que repartilas entre todos os invitados e recordarlles que a teñen que levar o día da actuación para poder entrar.

Cartel do eventoCartel da entrada

Lectura facilitada

O equipo de organización é o que prepara o sitio onde se vai facer o "ti si que vales".

Cantas persoas van vir de público?

Hai bastantes cadeiras para sentar a todos?

Quen nos vai abrir o ximnasio/salón de actos? 

Crearedes e repartiredes as entradas.

Acomodaredes ao público.

Controlaredes os tempos de cada actuación.

Actividade grupal 5 - Creando e repartindo as entradas

Estaría ben que as entradas se pareceran ao cartel que anuncia o evento. 

Tamén podedes facelas máis sinxelas.  

É importante facer suficientes entradas.

A continuación, tedes que repartilas entre todos os invitados e invitadas.

Recordádelles que a teñen que levar o día da actuación para poder entrar.

cartelentrada

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)