Selección de persoas para unha determinada actuación.
Exemplo:
A miña amiga presentouse a un cásting para un anuncio publicitario e foi seleccionada.
Desafío
Definición:
Proba ou reto ao que hai que enfrontarse co obxectivo de superalo, sendo valorado como unha situación ou experiencia difícil ou nova.
Exemplo:
O alumnado de 1º de ESO enfrontarase a varios desafíos que deberán superar..
Equipo
Definición:
Conxunto de persoas que practican un mesmo deporte para xogar partidos ou campionatos.
Exemplo:
Un equipo de xogadoras de fútbol.
Grupo
Definición:
Conxunto de persoas ou cousas que, polo xeral, están no mesmo lugar.
Exemplo:
Un grupo de persoas.
Formación de grupos
Bailar, bailar! Tedes vergoña? Ídelo comprobar!
A actividade comeza con todos correndo ou camiñando polo espazo de xogo. O profesororado di un número e tedes que xuntarvos en grupos dese número. Cada número, ten o seu baile, que soará a continuación e tedes que intentar bailar o máis coordinados posible durante un minuto.
Cando un baile remata, volvedes a camiñar-correr ata que o/a profe di outro número, que volverá a indicar de canto son os grupos que tendes que facer. Así ata que remate a actividade.
Estes son algúns bailes sinxelos e ben coñecidos pola maioría que se poderían utilizar: aserejé, macarena, saturday night, follow the leader, gangnam style, waka waka e YMCA.
O xogo rematará cando se teñan os grupos mesturados tal e como os queiramos conseguir.
Lectura facilitada
Bailar, bailar! Tedes vergoña? Ídelo comprobar!
A actividade comeza con todos correndo ou camiñando.
O profesorado di un número e tedes que xuntarvos en grupos dese número.
Cada número ten o seu baile. Tedes que intentar bailar coordinados durante un minuto.
Cando un baile remata, volvedes a camiñar ou correr ata que o/a profe di outro número.
Posibles bailes coñecidos por todas e todos: aserejé, macarena, saturday night, follow the leader, gangnam style, waka waka e YMCA.
O xogo rematará cando se teñan os grupos mesturados.
Audio
As probas do cásting
Unha vez elaborados os grupos, tedes que resolver tres desafíos traballando en equipo para solucionar cada un deles. Unha vez rematados expoñerédelos e reflexionaredes sobre isto.
Como as habilidades a incluír nas vosas actuacións poderían ser case infinitas, ides a acoutar os desafíos e as próximas actividades a 3 contidos principais: a ximnasia, a danza e os xogos tradicionais.
Desafío 1
A ximnasia
Sabedes por que aos profes de Educación Física non nos gusta nada que digades "ximnasia" cando vos referides a nosa materia?
Tedes 2 minutos para escribir nun folio deportes e disciplinas que teñan que ver coa ximnasia. Despois anotarédelas todas e veredes as que son e as que non son.
Tamén pensaredes por que Educación Física non é só Ximnasia!
Educación física é moito máis!
Desafío 2
A danza
Que danzas coñecedes?
Primeiro faredes unha chuvia de ideas por grupos para recoller todos os tipos de baile que coñecedes.
Tedes 3 minutos para anotar no encerado o maior número de bailes.
Desafío 3
Os xogos tradicionais
Tedes 5 minutos para pensar un xogo tradicional que coñecedes e escribir como se xoga e as súas normas.
Despois teredes que explicarllo ao resto de grupos.
Reflexión final
Exposición e reflexión
Expoñédelle as vosas ideas ao resto de grupos e reflexionade sobre o que xa sabiades e sobre o que aprendestes.
De todo o visto, que é o que máis vos gusta?
Imaxinade que vos presentades a un concurso, que vos gustaría ensinarlle ao público?
En que tipo de actuación vos veriades máis cómodos?
Lectura facilitada
Tedes que resolver tres desafíos en equipo.
Despois faredes unha exposición e reflexión.
Os desafíos están relacionados cos 3 contidos principais: a ximnasia, a danza e os xogos tradicionais.
Desafío 1
A ximnasia
Por que non nos gusta que chamedes Ximnasia a Educación Física?
Tedes 2 minutos para escribir deportes e disciplinas que teñan que ver coa ximnasia.
Tamén pensaredes por que Educación Física non é só Ximnasia!
Educación física é moito máis!
Desafío 2
A danza
Que danzas coñecedes?
Primeiro faredes unha chuvia de ideas por grupos para recoller todos os tipos de baile que coñecedes.
Tedes 3 minutos.
Desafío 3
Os xogos tradicionais
Tedes 5 minutos para escribir sobre un xogo tradicional que coñecedes.
Despois explicádeo ao resto de grupos.
Reflexión final
Exposición e reflexión
Expoñédelle as vosas ideas ao resto de grupos.
Que é o que máis vos gusta?
Que vos gustaría ensinarlle ao público dun concurso?