Glosario
Concurso
-
Definición:
-
Competición en que varias persoas disputan un premio.
-
Exemplo:
-
Gañaron o primeiro premio nun concurso de baile en parella.
Evento
-
Definición:
-
Suceso importante e programado, cun obxectivo social, académico, artístico ou deportivo.
-
Exemplo:
-
Os Xogos Olímpicos foron o evento deportivo máis importante do ano.
Habilidade
-
Definición:
-
Capacidade, xenética ou resultado da práctica, para facer ben algo que require certos dotes.
-
Exemplo:
-
Ten grande habilidade facendo malabares.