Estacións
Aínda non sabedes que xogo tradicional vos gusta? En cal gozaredes máis xogando? Cal deles se vos da mellor?
Nas sesións de Educación Física poderedes probar 3 dos máis vistosos para o evento final: os zancos, o trompo e o salto á corda.
Nunca deben esquecerse as costumes e tradicións antigas, neste caso, os xogos. Así que mans á obra e... Evitemos que "Morra o conto".
Lectura facilitada
Non sabedes que xogo tradicional vos gusta?
Que xogo vos gusta máis?
Que xogo se vos da mellor?
Nas sesións de Educación Física poderedes probar 3: os zancos, o trompo e o salto á corda.
Nunca se deben esquecer os xogos. Así que... evitemos que "Morra o conto".


