Saltar navegación

5.1. Repasando todo

O evento - Como foi Ti si que vales?

Agora toca que reflexionedes mediante un debate en grupo sobre todo o proceso: o antes, o durante e o despois do concurso.

Antes da organización do concurso:

  • Que sabiades antes e que aspectos novos aprendestes en relación as habilidades propostas previas ao concurso (acrosport, danzas e xogos tradicionais)?
  • Cal foi a habilidade que máis e a que menos vos gustou? E a máis difícil?
  • Por que elixistes unha ou outra habilidade para a vosa actuación?
  • Pensade se a dificultade das habilidades xustificou a vosa elección.

Durante a organización do concurso:

  • Por que elixistes un ou outro rol? Todos os roles tiñan a mesma importancia? 
  • Que aspectos positivos e negativos destacades na fase de organización do concurso?

Despois do concurso:

  • Estades satisfeitos co desenvolvemento do concurso? 
  • Unha vez analizado o resultado, tedes propostas de mellora no caso de que volvades a organizar algo similar?

Lectura facilitada

Faredes un debate en grupo sobre todo o proceso do concurso:

  • O antes.
  • O durante.
  • Despois do concurso.

Antes da organización do concurso:

    • Que sabiades antes e que aprendestes sobre acrosport, danzas e xogos tradicionais?
    • Cal foi a habilidade que máis e a que menos vos gustou?
    • E a máis difícil?
    • Por que elixistes unha ou outra habilidade para a vosa actuación?
    • Pensade se a dificultade das habilidades influíu na vosa elección.

Durante a organización do concurso:

    • Por que elixistes un ou outro rol?
    • Todos os roles tiñan a mesma importancia? 
    • Que aspectos positivos e negativos destacades na organización?

Despois do concurso:

    • Estades satisfeitos co resultado? 
    • Tedes propostas de mellora para organizar un novo concurso?

A participación - Como foi a participación?

Antes reflexionastes sobre a organización de "Ti si que vales", é dicir, como organizadores.

Pero agora tedes que reflexionar como participantes.

Analizade as rúbricas elaboradas no apartado "4.1. Deseñando - Os roles".

Que valoración fixo o xurado da vosa participación?

Que aprendiches?

Infografía resumo do aprendido ao longo da situación de aprendizaxe Ti si que vales

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)