Saltar navegación

3.3. Bailes improvisados

Que é a danza?

Calquera de vós movestes algunha vez as cadeiras ao ritmo da música con máis ou menos xeito... pero, saberiades explicar que é a danza?

A danza ou baile é unha arte que emprega a expresión corporal, xeralmente acompañada de música.

A danza caracterízase polo uso do corpo seguindo movementos previamente establecidos (coreografía) ou improvisados (danza libre).

A súa orixe pódese remontar á Antigüidade, con diferentes fins: de ocio, estéticos ou rituais.

Lectura facilitada

Calquera de vós bailastes algunha vez.

Saberiades explicar que é a danza?

A danza ou baile é unha arte que emprega a expresión do corpo.

Habitualmente, a danza acompáñase de música.

A danza caracterízase polo uso do corpo seguindo pasos establecidos ou libres.

A súa orixe pódese remontar á Antigüidade.

Tiña diferentes fins:

  • De ocio.
  • Estéticos.
  • Rituais.

Estilos de danza

Existen múltiples formas de bailar, de aí que aparezan numerosos estilos de danza.

Cantos máis saibades, maiores posibilidades teredes para presentar en "Ti si que vales!".

Danza clásica ou ballet

Pictograma de balletOs movementos baséanse no control total do corpo. Ningún paso é libre, todos están predefinidos, empregando invariablemente todas as partes do corpo.

Danzas modernas e contemporáneas

Pictograma de danza aérea para representar a danza contemporáneaAparecen como unha necesidade de encontrar novas formas de expresión corporal máis libres que o ballet clásico. Créanse os movementos usando emocións ou ideas, sen pasos estruturados.

Danzas urbanas ou danzas de rúa

Pictograma de baile para representar a danza urbanaÉ un termo que abarca todos os bailes nacidos na rúa, co cal cada bailarín ou bailarina ten o seu estilo único. Combina movementos de diferentes disciplinas para crear unha experiencia de baile dinámica e diferente en cada momento.

Danzas populares, tradicionais ou folclóricas

Pictograma de sardana para representar a danza tradicionalBailes grupais que forman parte da tradición dunha sociedade ou dunha cultura e que se transmiten de xeración en xeracións. Normalmente acompáñanse de música con instrumentos tradicionais en celebracións comunitarias e, ás veces, empréganse vestimentas propias.

Lectura facilitada

Existen múltiples formas de bailar, de aí que aparezan numerosos estilos de danza.

Cantos máis saibades, maiores posibilidades teredes para presentar en "Ti si que vales!".

As formas:

  • Danza clásica ou ballet.
  • Danzas modernas e contemporáneas.
  • Danzas urbanas ou danzas de rúa.
  • Danzas populares, tradicionais ou folclóricas.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)