
É o momento!
Agora que xa sabedes o que é un concurso de talentos toca levalo a cabo.
Despois de practicar moitas habilidades xa descubristes o voso talento. Deixade voar a imaxinación para facer unha montaxe en grupo onde mesturedes as habilidades que máis vos gustaron e calquera outra cousa que se vos ocorra. Seguro que deixaredes alucinados ao público!
Preparados e preparadas? Adiante!