Bailes urbanos
Despois da Muiñeira, agora toca romper os esquemas máis tradicionais e improvisar bailes da rúa, porque non hai mellor batalla que unha de baile!
Seguro que na chuvia de ideas saíron varios nomes, pero aquí tedes algúns exemplos de estilos de baile urbano:
Breaking
O Breaking, ou break dance, é un estilo de danza urbana que se orixinou nos anos 70 en Estados Unidos. Mestura a danza urbana do Hip-hop con movementos ximnásticos e acrobáticos.
Hip-hop
Baile urbano baseado no "estilo libre" coa música Hip-hop como base rítmica.
Locking
Variante do Hip-hop con movementos esaxerados que buscan divertir ao público. Os bailaríns empregan o Funk e o Hip-hop como base rítmica.
Lectura facilitada
Tócavos agora improvisar bailes da rúa.
Non hai mellor batalla que unha de baile!
Aquí tedes algúns exemplos de estilos de baile urbano:
Breaking
O Breaking, ou break dance, é un estilo de danza urbana que se orixinou nos anos 70 en Estados Unidos.
Mestura a danza urbana do Hip-hop con movementos ximnásticos e acrobáticos.
Hip-hop
Baile urbano baseado no "estilo libre" coa música Hip-hop como base rítmica.
Locking

Variante do Hip-hop.
Movementos esaxerados que buscan divertir ao público.
Os bailaríns empregan o Funk e o Hip-hop como base rítmica.
