Saltar navegación

4.2. Academia de ensaio

O talento, faise ou nácese con el?

Existe a teoría de que todos temos algún talento innato, pero sexa propio da xenética ou non, para desenvolvelo teredes que recorrer á práctica e á persistencia.  

De novo formaredes grupos, pero esta vez tendo en conta os vosos talentos. 

Cada grupo xa elixiu as habilidades que quere preparar. Agora toca practicar a actuación durante varias sesións.

Lectura facilitada

Existe a teoría de que todos temos algún talento ao nacer.

Para desenvolver ese talento teredes que practicar.

Formaredes grupos tendo en conta os vosos talentos. 

Cada grupo xa elixiu as habilidades que quere preparar.

Practicade a actuación durante varias sesións.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)