Saltar navegación

3.1. Concurso de talentos

 

Glosario

Talento

Pictograma de calidade para representar o talento

Definición:

Capacidade para realizar algo.

Exemplo:

Carolina Marín ten un gran talento para xogar ao bádminton.

Que é?

Despois de tan diversa práctica xa teredes descuberto cales son as vosas mellores habilidades.

Agora queda o mellor! Demostrar o voso talento!

Seguro que xa vistes diferentes concursos na tele, pero de que se tratan exactamente?

Un concurso de talentos (ou "talent show" en inglés) é un espectáculo no que un conxunto de concursantes mostran as súas habilidades a un público e a un xurado que determina ao gañador.

Lectura facilitada

Xa saberedes cales son as vosas mellores habilidades.

Agora queda o mellor! Demostrar o voso talento!

Seguro que xa vistes diferentes concursos na tele.

De que se tratan exactamente?

Un concurso de talentos é un espectáculo.

Os concursantes mostran as súas habilidades ao público e ao xurado.

Tipos de concursos de talentos

Hai numerosos concursos distintos en función das habilidades que demostran os participantes:

Canto

Pictograma de cantante para representar o cantoSeguro que che soa "Operación Triunfo" ou "Eurovisión"... calquera xénero musical sería susceptible de incluírse nun concurso.

Teatro

Pictograma de teatro de marionetasTodo tipo de dramaturxia, sexa monólogo, adaptación, improvisación, imitación, mimos, teatro de sombras...

Baile

Pictograma de bailadorDesde bailes de salón, pasando por danzas tradicionais, ata bailes urbanos. Todos os tipos de baile son merecedores de ser empregados nestes eventos.

Cociña

Pictograma de cociñeiroMoi coñecidos na actualidade son os concursos de cociña nos que os participantes se expoñen a receitas de todo tipo.

"Alternativos"

Pictograma de trapecistaNesta categoría podedes incluír todas as habilidades que se vos ocorran e que non se mencionaron antes: circo, maxia, acrobacias...

Chegou o momento!

Agora é o voso momento!

Para poder formar parte do concurso de talentos "Ti si que vales" teredes que practicar, durante as seguintes sesións, diferentes habilidades motrices e artístico expresivas ata atopar o voso gran talento.

Adiante!

Lectura facilitada

Agora é o voso momento!

Formaredes parte do concurso de talentos "Ti si que vales".

Tedes que practicar diferentes habilidades ata atopar o voso gran talento.

Adiante!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)