Saltar navegación

3.6. Diario de aprendizaxe

O voso diario

Diario de aprendizaxe

Chegou o momento de cubrir os apartados da Fase 3 do voso diario de aprendizaxe.

Nesta fase, centrástesvos en aprender e practicar diferentes habilidades motrices que despois poderedes escoller para empregar na vosa actuación final. Recordade, xa tedes experiencia en realizar figuras de acrosport cos diferentes roles asociados e os elementos da ximnasia de chan que podedes incluír como elementos de enlace. Tamén mellorastes a vosa habilidade rítmica bailando Muiñeira e Breaking aprendendo pasos para despois aplicalos en momentos de improvisación como as foliadas e as batallas. E practicastes algúns xogos tradicionais que implican moita habilidade técnica, como os trompos, os zancos ou o salto de corda. 

Non esquezades que tamén aprendestes o que é un "concurso de talentos" e os tipos que hai, para poder continuar o voso reto.

Anotade no diario as vosas reflexións. Se non tedes o diario de aprendizaxe, podedes ver o documento dende aquí.

Lectura facilitada

Cubride os apartados da Fase 3 do diario de aprendizaxe.

Nesta fase practicastes diferentes habilidades motrices para empregar na vosa actuación final.

Xa tedes experiencia en realizar figuras de acrosport.

Coñecedes os pasos básicos de Muiñeira e Breaking para utilizar en foliadas e batallas.

Tamén practicastes algúns xogos tradicionais como:

  • Os trompos.
  • Os zancos.
  • Salto de corda. 

Tamén aprendestes o que é un "concurso de talentos" e os tipos que hai.

Anotade no diario as vosas reflexións.

Se non tedes o diario de aprendizaxe, podedes ver o documento dende aquí.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)