O alumnado de 1º de ESO practicou diferentes figuras propias do acrosport nas sesións de Educación Física.
Lesión
Definición:
Dano corporal que pode condicionar o noso corpo ao realizar diferentes accións.
Exemplo:
O deportista tivo unha lesión nun pé que non lle permitía golpear o balón.
Que é?
O acrosport ou ximnasia acrobática parécenos un recurso divertido, fácil e vistoso para que usedes na coreografía final. Trátase de facer figuras e pirámides... atrevédesvos?
Audio
Mira este vídeo!
A ter en conta na práctica
Se vos gusta o acrosport e queredes saber máis, a continuación poderes ver cousas importantes que é necesario saber para practicar esta modalidade acrobática.
Ademais, pensade que se participades nun evento de habilidades, canto máis saibades, maior capacidade de execución teredes e mellor o poderedes facer.
E se sodes xurado? Pois cantos máis coñecementos teñades mellores valoracións poderedes facer.
Así que atentos e atentas á información que ven a continuación:
Os roles
Son as funcións de cada membro do grupo. Podes ter diferentes roles nas distintas figuras da coreografía.
En acrosport existen catro roles básicos.
A)Portor/portora: son as bases das pirámides e soportan aos áxiles, mantendo a maior estabilidade posible.
B)Áxil: trepan sobre os portores para conseguir unha postura estable e estética.
C) Axuda: actúa rapidamente cando algún portor ou áxil ten dificultades. Tamén serve de apoio ao portor (para axudarlle a manter a postura) e ao áxil (mentres trepa).
D)Observador/a: observa o traballo dos demais e dá consellos para mellorar as figuras. Fai un pouco de adestrador/a.
Fases da formación de figuras ou pirámides
Montaxe:
A orde de montaxe debe ser de dentro a fóra e de abaixo a arriba.
Os portores forman unha base estable.
Os áxiles trepan o máis pegados posible ao corpo do portor, de xeito progresivo e controlado.
Mantemento:
Hai que manter a pirámide polo menos 2 segundos.
Desmontaxe:
A orde de desmontaxe debe ser de fóra a dentro e de arriba a abaixo.
Lectura facilitada
Que é necesario saber para practicar o acrosport?
E se sodes xurado?
Cantos máis coñecementos teñades, mellores valoracións poderedes facer.
Atentos e atentas á seguinte información:
Os roles
Son as funcións de cada membro do grupo.
Podes ter diferente rol.
En acrosport existen catro roles básicos.
A)Portor/portora: son as bases das pirámides.
B)Áxil: trepan sobre os portores.
C) Axuda: actúa rapidamente cando algún portor ou áxil ten dificultades.
D)Observador/a: observa o traballo dos demais e da consellos para mellorar.
Fases da formación de figuras ou pirámides
Montaxe:
A orde de montaxe debe ser de dentro a fóra e de abaixo a arriba.
Os portores forman unha base estable.
Os áxiles trepan o máis pegado posible ao corpo do portor.
Mantemento:
Hai que manter a pirámide polo menos 2 segundos.
Desmontaxe:
A orde de desmontaxe debe ser de fóra a dentro e de arriba a abaixo.
Evita lesións
Antes de que vos volvades uns expertos en acrobacias, tedes que pensar que, na práctica de acrosport, o principal é ter coidado en non lesionar nin lesionarse. Para iso, debedes ter en conta algunhas pautas co obxectivo de evitar lesións.
Fixádevos nestes trucos:
1. O portor/a portora é o/a que manda. 2. No momento no que algún dos portores non estea cómodo ou cómoda, hai que corrixir a postura ou desfacer a figura. 3. Todos os movementos de montaxe ou desmontaxe das figuras teñen que ser suaves e a velocidade controlada. 4. Os apoios das/dos áxiles deben ser seguros, non poden mancar ao portor. Para isto deben realizarse sobre o eixo lonxitudinal dos segmentos óseos, para que o peso caia sobre eles co peso repartido. 5. Debedes manter o ton muscular activado e as costas rectas. 6. A montaxe das figuras faise de abaixo a arriba e de dentro a fóra. 7. Importante: O desmontaxe das figuras, ao revés: de arriba a abaixo, e de fóra para dentro.
Lectura facilitada
Na práctica de acrosport o principal é a seguridade.
Pautas para evitar lesións:
1. O portor é o que manda. 2. Cando algún dos portores non estea cómodo ou cómoda, hai que corrixir a postura ou desfacer a figura. 3. Todos os movementos das figuras teñen que facerse a velocidade controlada. 4. Os apoios dos áxiles deben ser seguros, non poden mancar ao portor. 5. Debedes manter o ton muscular activado e as costas rectas. 6. A montaxe das figuras faise de abaixo a arriba e de dentro a fóra. 7. Importante: O desmontaxe das figuras, ao revés: de arriba a abaixo, e de fóra para dentro.