Saltar navegación

2.3. Diario de aprendizaxe

O voso diario

Diario de aprendizaxe

Ides cubrir os apartados da Fase 2 do voso diario de aprendizaxe.

Nestas páxinas é importante que reflexionedes sobre o que xa sabiades e sabedes agora sobre diversas actividades motrices que poderedes elixir para preparar a actuación final, como por exemplo, a ximnasia, que non é o mesmo que a Educación Física, a danza, tendo en conta os bailes da nosa cultura, e os xogos, con especial atención nos tradicionais. 

Isto axudaravos nun futuro a descubrir mellor como os vosos coñecementos previos se poñen a funcionar e a buscar conexións para relacionarse coas novas aprendizaxes. Se ides coñecendo a maneira na que aprendedes, seredes capaces de aprender mellor.

Non tedes o diario de aprendizaxe? Podedes ver o documento dende aquí.

Lectura facilitada

Ides cubrir os apartados da Fase 2 do voso diario de aprendizaxe.

Reflexionade sobre o que xa sabiades e sabedes agora sobre:

  • Ximnasia.
  • Danza.
  • Xogos tradicionais.

Axudaravos a descubrir como os coñecementos previos se relacionan coas novas aprendizaxes.

Non tedes o diario de aprendizaxe? Podedes ver o documento dende aquí.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)