Saltar navegación

A muiñeira

Como se baila a Muiñeira?

Seguro que vos soa iso da Muiñeira, pero de que se trata exactamente? E o máis importante, quen será capaz de bailala?

A Muiñeira é un baile solto e un xénero musical tradicional galego cun compás 6/8.

Todas e todos escoitastes falar de Muiñeira ou vistes bailar a alguén, pero seredes quen de facelo vós?

Para iso ides ver as estruturas básicas que compoñen os bailes soltos tradicionais galegos:

Punto

Repetición de movementos realizados por un dos bailadores e que o resto teñen que tratar de reproducir.

Un bailador inicia os pasos do punto cara un dos lados e despois repite o mesmo cara o lado contrario, agora xa acompañado polo resto de bailadores (aínda que pode “se xogar” a tratar de adiviñar e reproducir o punto á primeira).

A continuación este punto repítese ata o final da copla (a parte principal da letra da canción) ou da parte principal da música se é só instrumental.

Por exemplo, un punto podería ser "adiante-atrás-adiante + xiro":

Volta

Despois do punto, cando cambia a música os bailadores xiran danzando imitando ao guía, normalmente en sentido antihorario.

Normalmente faise mediante unha roda na que os bailadores se moven nunha estrutura circular, pero nalgúns casos faise ao estilo “taboleiro”.

Paseo ou descanso

É un momento de transición, con pasos máis pausados co obxectivo de descansar ou de pensar o seguinte punto.

Pode ir despois do punto ou na volta (pasos de marcha), pero non sempre se fai.

Lectura facilitada

Que é a Muiñeira?

A Muiñeira é un baile solto e un xénero musical tradicional galego cun compás 6/8.

Conseguiredes bailar a Muiñeira?

Ides ver as estruturas básicas que compoñen os bailes soltos tradicionais galegos:

Punto

Repetición de movementos realizados por un dos bailadores e que o resto teñen que tratar de reproducir.

Un bailador inicia os pasos do punto cara un dos lados.

Despois repite o mesmo cara o lado contrario acompañado polo resto de bailadores.

Volta

Despois do punto cando cambia a música,

os bailadores xiran danzando imitando ao guía.

Normalmente cara a esquerda.

Faise mediante unha roda na que os bailadores se moven en círculo,

pero nalgúns casos faise ao estilo “taboleiro”.

Paseo ou descanso

É un momento de transición,

con pasos máis pausados.

O obxectivo é descansar ou de pensar o seguinte punto.

Pode ir despois do punto ou na volta, pero non sempre se fai.

Os pasos

Para aprender a bailar non chega con ver vídeos nin ver aos demais, hai que animarse a probar. Antes de improvisar na foliada, imos ver os pasos máis comúns de Muiñeira para poder meter na creación dos nosos puntos.

Picado

Picado cruzado por diante

Picado cruzado por detrás

Adiante-atrás



E agora xa podedes combinar pasos para crear puntos:

Combinando pasos I

Combinando pasos II

A recollida

As “Recollidas” son un proceso de recompilación de músicas e bailes de tradición oral en Galicia. As persoas interesadas en recoller músicas e bailes tradicionais propios dun lugar (en ocasións expertos musicólogos) desprazábanse ao lugar e xuntábanse cos “informantes”, as persoas que transmitían o saber oral, cantando, bailando ou tocando algún instrumento tradicional como a pandeireta. 

E agora tócavos investigar facer unha pequena recollida. Buscade a unha persoa que teña algún coñecemento de música ou baile tradicional galego e pedídelle que vos represente algo relacionado coa muiñeira: que baile un punto, que cante unha copla ou que toque unha peza.

E, se pode ser, que teña a súa orixe na Comarca na que vivides ou, de non selo, que vos informe se coñece de que lugar procede a información que vos transmita.

Gravade un vídeo e completade a ficha e entre toda a clase farase unha recompilación de todas as nosas recollidas.

Lectura facilitada

As “Recollidas” son un proceso de recompilación de músicas e bailes de tradición oral en Galicia.

As persoas desprazábanse ao lugar e xuntábanse cos “informantes”.

Os informantes son as persoas que transmitían o saber oral.

Facíano de varias formas:

  • Cantando.
  • Bailando.
  • Tocando algún instrumento tradicional como a pandeireta. 

E agora tócavos facer unha pequena recollida.

Buscade a unha persoa que teña algún coñecemento de música ou baile tradicional galego.

Pedídelle a esa persoa que represente algo relacionado coa muiñeira.

Esa persoa podería:

  • Bailar un punto.
  • Cantar unha copla.
  • Tocar unha peza.

Preguntádelle se coñece de que lugar procede a información.

Gravade un vídeo.

Completade a ficha.

Entre toda a clase farase unha recompilación de todas as nosas recollidas.

Fai clic para ver a ficha

Ficha a recollida para traballar a muiñeiraAcceso ao documento "A nosa recollida de Muiñeira" en formato PDF.

A Foliada

Agora que sabedes os pasos máis básicos da Muiñeira e o que bailaban nos vosos lugares, é o momento de poñer a proba os vosos coñecementos nunha foliada.

Antes de nada, escolle parella.

Lectura facilitada

Xa sabedes os pasos máis básicos da Muiñeira.

Agora aplicaredes o coñecemento nunha foliada.

Antes de nada, escolle parella.

Como escoller parella?

O segundo, ter en conta o xeito de bailar: tradicionalmente diferenciábase o xeito de bailar polo rol de xénero. Os homes brincaban con máis enerxía e erguían máis os brazos que as mulleres. Por sorte, este concepto está cambiando e a día de hoxe deféndese que cada persoa baile como queira, levantando máis ou menos os brazos e saltando nos puntos.

Música e a bailar!

Anímate a sacar un punto!

Lectura facilitada

O segundo, ter en conta o xeito de bailar.

Tradicionalmente os homes bailaban diferente que as mulleres.

Os homes brincaban con máis enerxía.

Os homes erguían máis os brazos que as mulleres.

Por sorte, este concepto está cambiando.

Que cada persoa baile como queira.

Poden levantar os brazos e saltando nos puntos

Música e a bailar!

Anímate a sacar un punto!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)