Instrumento para avaliar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Exemplo:
Empregarase unha rúbrica para avaliar a colaboración do alumnado.
Simular
Definición:
Reproducir unha actividade tentando que sexa o máis real posible.
Exemplo:
Foi a un planetario para simular que ve as estrelas.
Comprobade e reaxustade a actuación e a organización
Para que o voso concurso saia a ben, debe planificarse con previsión, minimizando os problemas que poidan xurdir cando se leva a cabo.
Imaxinade que vos atrevedes a levalo á práctica sen unha previa simulación. Que podería pasar?
Todo evento debe cumprir uns requisitos que vos tiñades que ter en conta. É o momento de facer unha simulación do evento e unha análise posterior.
Agora que seguistes uns pasos previos para organizar e levar a cabo o voso evento, o ideal é facer unha revisión ou comprobación de se os aspectos máis importantes foron tidos en conta. Iso permitiravos rectificar e reaxustar despois da simulación.
A continuación, poderedes empregar unha lista de cotexo para facer esa comprobación.
Lectura facilitada
Debedes planificar con previsión para que o concurso saia ben.
Agora, o ideal é facer unha revisión dos aspectos máis importantes.
Iso permitiravos rectificar e reaxustar nun futuro.
Poderedes empregar unha lista de cotexo para facer esa comprobación.
Audio
Lista de cotexo
Analizando o voso evento
Ítem
Si
Non
Os espazos son axeitados?
Empregouse todo o material, vestimenta e maquillaxe deseñados previamente?
O horario do evento e os tempos das actuacións foron suficientes?
As rúbricas do xurado permiten elixir obxectivamente aos gañadores?
O número de persoas organizadoras e os roles asignados foron suficientes para o desenvolvemento do evento?
Funcionaron correctamente a música e as luces?
E agora que xa puidestes analizar os posibles erros, tendes unha sesión extra para preparar o concurso o mellor posible antes de que chegue o gran día.