Folla de maior tamaño ca un folio, na que se imprime un anuncio e que se coloca nun lugar público para captar a maior atención posible.
Exemplo:
O club de baloncesto colocou un cartel na praza do concello para que os nenos e nenas se animen a formar parte dos seus equipos.
Deseñar
Definición:
Facer o deseño de algo, xa sexa unha idea, un proxecto...
Exemplo:
O arquitecto deseñou o proxecto do edificio.
Organización
Definición:
Acción e efecto de prepararse, con vistas a cumprir unha función.
Exemplo:
Para crear o evento necesitan organización.
Rol
Definición:
Función que lle corresponde a alguén nunha determinada situación.
Exemplo:
No partido un ten o rol de árbitro e os outros de xogadores.
A organizarse!
É o momento de deseñar.
Todas e todos ides actuar como concursantes, pero antes e durante o evento tamén participaredes na súa organización.
E como o ides facer? En equipo!
Para que o voso concurso saia a ben, debe planificarse con previsión, minimizando os problemas que poidan xurdir cando se leva a cabo.
Imaxinade que vos atrevedes a levalo á práctica sen organizarvos previamente. Que podería pasar?
Agora dánsevos algunhas recomendacións que debedes seguir en canto á organización do desenvolvemento do evento:
QUE DEBEREDES TER EN CONTA?
Espazos
Con que espazos contades?
Que características teñen?
Adáptanse ao voso concurso?
Seguridade
Que medidas de seguridade tomaredes para o evento?
Necesitades axuda externa?
Horarios
Cal será a franxa horaria do evento?
Que duración terán as actuacións?
Haberá algunha pausa entre unhas actuacións e outras?
Participantes
Con que número de grupos contades?
Como será o formato do concurso en función do número de grupos participantes e do tempo dispoñible?
O número de participantes por grupo axústase ao espazo do que dispoñedes?
Roles da organización do concurso
Que roles teredes as persoas organizadoras?
Cales son as funcións específicas de cada rol?
Como se asignarán eses roles entre as persoas organizadoras?
Os roles serán rotativos?
Tendo claro isto, é o momento de organizar o voso evento.
Na seguintes sesións de Educación Física deberedes preparar as actuacións e facer unha simulación sen público do evento, pero realizando todas os labores que asume cada rol.
Para iso, deberedes decidir cada un de vós onde queredes achegar as vosas ideas. En función da tarefa que vos apeteza realizar, pertenceredes a un grupo cun rol determinado.
Lectura facilitada
É o momento de deseñar.
Actuaredes como concursantes e como organizadores.
E como o ides facer?
En equipo!
Todo evento debe planificarse con previsión para evitar problemas que poidan xurdir.
Imaxinade que facedes un evento sen planificación.
Que podería pasar?
Seguide estes pasos:
QUE DEBEREDES TER EN CONTA?
Espazos
Con que espazos contades?
Que características teñen?
Adáptanse ao noso evento?
Seguridade
Que medidas de seguridade tomaredes para o evento?
Necesitades axuda externa?
Horarios
Cal será a franxa horaria do evento?
Que duración terán as actuacións?
Haberá algunha pausa entre unhas actuacións e outras?
Participantes
Con que número de participantes/equipos contades?
Como será o formato do evento en función do número de participantes/equipos?
O número de participantes axústase ao espazo do que dispoñedes?
Roles da organización do concurso
Que roles teredes os organizadores?
Cales son as funcións específicas de cada rol?
Como se asignarán eses roles entre os organizadores?
Os roles serán rotativos?
É o momento de organizar o voso evento.
Nas seguintes sesións practicaredes as actuacións e faredes unha simulación do evento.
Realizaredes as tarefas en grupo do rol que elixades.